A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

3 dic 2011

DOMINGO II DE ADVENTO - SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS ( Mc 1, 1-8)

            Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo Fillo de Deus.
           
            Como está escrito no profeta Isaías:
            "Mira, mándoche por diante un mensaxeiro, para que prepare o teu camiño;
            voz de quen clama no deserto: "Preparade o camiño do Señor,
            endereitade os seus vieiros".
            Presentouse Xoán Bautista no deserto, pregoando un bautismo de conversión para perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a rexión de Xudea e todos os de Xerusalén; confesaban os seus peca­dos e el bautizábaos no río Xordán.
            Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro arredor do van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.

            E proclamaba:
            ‑ Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, diante de quen non son digno de prostrarme para lle desatas os amallós do seu calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.
           
            Palabra do Señor                                         
            R/. Loámoste, Cristo

No hay comentarios:

Publicar un comentario