A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

22 sept 2024

Catequese parroquial

 


O domingo 6 de outubro comezará o novo curso da catequese parroquial. 
A catequese terá lugar despois da misa das 11 da mañá dos domingos. 
Non deixedes de avisar aos vosos familiares e amigos. 
Convidámosvos a todos a participar.
Xuntos facemos comunidade.

Excursión a Portugal

 


Entre o día 9 e o 12 de setembro a Parroquia de Santa Margarida realizou unha excursión á veciña Portugal. 
Durante estes catro días percorremos a zona norte chegando mesmo ata Lisboa, tendo como base Fátima.
Quedamos fondamente admirados da beleza da nosa terra irmá e gardaremos na nosa memoria un grato recordo deses días alí vividos.





10 ago 2024

Festas patronais

O domingo 25 de agosto celebraremos as festas patronais en honra a nosa patroa, Santa Margarita. Como é tradición esta festa terá lugar o último domingo do mes de agosto, non coincidindo coa romaría no parque. 

O día 16 de agosto comezará a novena en honra a Santa Margarida, cunha intención especial cada un dos días. 

Invitámosvos a participar e colaborar nestas festas. 

¡Viva Santa Margarita!




28 may 2024

Sacramento da confirmación

 


O 25 de maio un grupo de rapaces da parroquia deron un paso adiante na súa vida cristiá ao recibir o sacramento da Confirmación. 
A celebración, presidida por Monseñor Santiago Agrelo, tivo lugar na Parroquia de San Antonio da Coruña, á que lle agradecemos a súa dispoñibilidade.
Noraboa a Diego Nicolás, a Christian e a Marcos!








13 may 2024

Ofrenda floral á Virxe María

 


O mes de maio é o mes de María por excelencia e concretamente o día 13 é unha data importante para os devotos da Virxe María.
Este día a Igrexa católica conmemora a aparición da Virxe aos pastores de Fátima: Lucía, Francisco e Jacinta.
Con motivo das festas marianas na celebración dominical fixemos unha ofrenda floral á Virxe coas achegas que pequenos e maiores trouxeron este día para ofrecerlle.
Coida de nós Virxe María, nai do Ceo.


2 abr 2024

Horario de verano

Estos son los horarios de las celebraciones después de que se haya producido el cambio de hora (horario de verano):