Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
15 feb 2013
12 feb 2013
BIEITO XVI FAI PUBLICA A SÚA RENUNCIA COMO PAPA
Despois de examinar ante Deus reiteradamente a miña conciencia, cheguei á certeza de que, pola idade avanzada, xa non teño forzas para exercer axeitadamente o ministerio de Pedro. Son moi consciente de que este ministerio, pola súa natureza espiritual, debe ser levado a cabo non soamente con obras e palabras, senón tamén, e en non menor grao, sufrindo e rezando.