A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

26 sept 2016

Arrinca o novo curso da catequese


O próximo domingo 2 de outubro comeza o novo curso da catequese. Abriuse o prazo de inscrición para os nenos e adolescentes que desexen seguir medrando na súa fe e no seu compromiso con Xesús. 

Co mes de outubro recuperamos os horarios de misas dominicais habituais. Haberá celebración ás 11:00, ás 12:30 e ás 19:30 horas.

Na parroquia de San Miguel Arcángel continuará habendo unha misa dominical, será ás 12:00 horas.

19 ago 2016

Procesión na honra de Santa Margarida



O 28 de agosto a comunidade parroquial de Santa Margarida celebra a festa na honra da súa patroa.
Con este motivo convidamos a tódolos fregueses e devotos a participar nos actos litúrxicos que teñen lugar na parroquia neste día.  
Horario das misas: 10.00, 11.00, 12.30 (solemne) e 19.30 horas.

16 jul 2016

Aviso


A partir do domingo día de 17 de Xullo queda suprimida a Misa das 11 da mañá. Razón a esa mesma hora o noso párroco Don Manuel ten que celebrar a Misa na en San Miguel Arcángel (rúa Bellavista).

9 jul 2016

Sardiñada parroquial

 
Ademáis da númerosa concurrencia (150 persoas), das sardiñas, do churrasco, etc... o máis importante estivo na alegría e amizade dos que participaron, no servizo e xenerosidade das persoas que, ano tras ano, preparan mesas, asan sardiñas, churrasco, fan o lume, limpan o salón, etc...
Entre todos acadamos un ambiente acolledor, festivo, agradable, que tamén contribúe a facer unha sociedade máis humana. CONTAMOS CONTIGO.
O beneficio da sardiñada foi de 125 euros e doouse a Cáritas.