A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

24 mar 2026

Semana Santa 2026

 



Estos son los horarios de los oficios de Semana Santa en la Parroquia de Santa Margarita.

Os invitamos a participar fervientemente en los días más importantes del año para un cristiano.



15 ago 2025

Festas en honra a Santa Margarida

Como é tradición o domingo 31 de agosto celebraremos as festas patronais na honra da nosa patroa, Santa Margarida. 

O día 22de agosto comezará a novena a Santa Margarida, cunha intención especial cada un dos días. 

Invitámosvos a participar e colaborar nestas festas. 

¡Viva Santa Margarita!


11 may 2025

Ofrenda floral á Virxe

 


O mes de maio, mes das flores, é o mes de María por excelencia. 
Hoxe, no día do Bo Pastor e con motivo das festas marianas na celebración dominical fixemos unha ofrenda floral á Virxe coas achegas que pequenos e maiores trouxeron este día para ofrecerlle.
Coida de nós Virxe María, nai do Ceo. Coida dos nosos pastores.