Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
30 mar 2013
23 mar 2013
22 mar 2013
21 mar 2013
Remodelación do baptisterio na igrexa parroquial
Os marmoristas en plena tarefa de remodelación do baptisterio na nosa igrexa parroquial. |
Estamos no Ano da fe, convocado polo Papa emérito Bieito XVI para animar os cristiáns a mostrar aos conveciños a alegría de crer.
O Bautismo é o sacramento que nos dá a entrada na Igrexa, por iso normalmente as pías bautismais se colocan na entrada, para indicar dese modo que polas augas bautismais entramos no pobo santo de Deus, coma membros unxidos polo Espírito de Xesús e acollidos coma fillos por Deus Pai.
15 mar 2013
DIA DE SAN XOSÉ: NOTA DOS BISPOS GALICIA
O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.
14 mar 2013
A ALEGRIA DA IGREXA: "Habemus Papam: Franciscus"
Unha hora e corenta minutos de vídeo recollendo en tempo real, con sonido ambiente, sen comentarios, a gravación do Centro Televisivo Vaticano do acontecer en San Pedro desde a fumata branca, ás 19,06 da tarde do día 13/03/2013, ata a bendición papal do novo sucesor de Pedro, o papa Francisco.
Unha alegría que une e reforza os sentimentos de comuñón entre os cristiáns e católicos do mundo enteiro.
Benvido, Francisco, irmán e pai.