A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

20 feb 2012

A muller invisible - Reflexión oportuna: denuncia de irrelevancia. reivindicación do servizo humilde e motivación interior dese servizo

Economía parroquial - Cuentas a 31/12/2011


RESUMEN DE LAS CUENTAS PARROQUIALES DEL 2011
(A 31/12/2011)

SALDO ANTERIOR (A 31/12/2010): 26.258,95 €

MOVIMIENTO AÑO 2011

INGRESOS
ARANCELES
      640,00 €
CUOTAS Y SUSCRIPCIONES
  3.976,00 €
COLECTAS A  FAVOR DE LA PARROQUIA
14.968,05 €
DONATIVOS Y LIMOSNAS
18.797,65 €
COOPERADORES PARROQUIALES
  5.266,38 €
INTERESES CUENTA
         52,08 €
INGRESOS PERIODO 2011
43.700,16 €

GASTOS
OFICINA, CULTO, ETC-
  1.745,22 €
REPARACION Y CONSERVACION
29.651,29 €
PRIMAS DE SEGUROS
  1.704,99 €
REVISTA POBO DE DEUS
  3.172,90 €
GASOLEO
  2.187,64 €
AGUA, ELECTRICIDAD, TELEFONO
  2.281,46 €
ACTIVIDADES PASTORALES
  1.096,43 €
LIMPIEZA, REPARTO DE POBO DE DEUS
  4.080,00 €
APORT. AL FONDO COMUN DIOCESANO
  5.673,12 €
GASTOS PERIODO 2011
51.593,05 € 

SALDO A 31/12/2011
18.366,06

TOTAL INGRESOS
69.959,11 €
TOTAL GASTOS
69.959,11 €

































          Comentario
      Coas colectas, subscricións e donativos, entre todos os fregueses estamos sostendo sen dificultades a actividade pastoral, evanxelizadora, caritativa e social da nosa comunidade parroquial de Santa Margarida.
               Os donativos procedentes da devolución da lotería o ano 2010, igual que coa “pedrea”  do 2011, serven de inxección económica moi positiva para afrontar as obras realizadas durante o ano pasado e seguir mellorando o equipamento e os servizos parroquiais. Graciñas a todos.

Coresma, unha mirada atenta aos outros (Andrés GV)

«Fixémonos uns nos outros  para estímulo da caridade e das boas obras» (Hb 10, 24)
    Este versículo da carta aos Hebreos serviulle de motivo central ao Papa Bieito XVI para a súa acostumada Mensaxe de Coresma.
    O Papa párase no significado deste fixarse atentamente nos outros, que implica –di el- fixarse en Cristo e fixarse nos irmáns, asumindo a nosa responsabilidade de atender as súas necesidades espirituais e materiais e compartir con eles a corrección fraterna e mais a resposta á chamada que Deus nos fai á santidade.
          Hoxe Deus séguenos pedindo que sexamos «gardiáns» dos nosos irmáns (cf. Xen 4,9) (...). O gran mandamento do amor ao próximo esixe e urxe a tomar conciencia de que temos unha responsabilidade respecto de quen, coma min, é criatura e fillo de Deus: o feito de ser irmáns en humanidade e, en moitos casos, tamén na fe, debe levarnos a ver no outro un verdadeiro alter ego, a quen o Señor ama infinitamente (Bieito XVI, Mensaxe para a Coresma 2012)
    O Papa denuncia a actitude dos que torcen a cara para non veren as necesidades dos outros. A solidariedade e mais a comuñón fraterna, en humanidade e na fe, esixen de todos –non só dos crentes- atender as necesidades dos irmáns e procurar o seu ben físico (a saúde), material (nivel de vida digno), moral (educación e garantía de dereitos persoais e sociais), espiritual (a relación con Deus).
OS PUNTOS DO ESFORZO CORESMAL
    Os clásicos puntos do esforzo coresmal son a oración, o xaxún e mais a esmola. Estas tres consignas penitenciais son interactivas, de xeito que cultivar unha sen as outras indicaría unha mala comprensión do que son e significan as tres. Non é verdadeira penitencia a que se fai separando vitalmente oración, xaxún e esmola. Acaba resultando falsa e hipócrita a oración que esquece o próximo ou que ignora os irmáns na fe. Igualmente resulta ridículo e carente de significado o xaxún (e a abstinencia) que se reduce a unha práctica de ascese elitista ou meramente ritual. De nada vale tampouco a esmola que se fai sen comprensión e misericordia co pobre.
CONVERSIÓN E NOVAS ACTITUDES
    A Coresma anual debe recuperar na vida dos cristiáns o seu significado orixinal: é o camiño que a comunidade cristiá fai con aqueles que se van bautizar na próxima Pascua. Con estes case novos cristiáns os “vellos” revivimos persoal e comunitariamente os mesmos compromisos: a vida en Cristo require abrir o corazón á alegría da Pascua, unha alegría que nace da aceptación de Xesús e da súa cruz como acontecementos de salvación. Aí empeza o camiño do cristián.
    A fe no Señor resucitado é a única razón de fondo para que oremos con intensidade e confianza, para que nos privemos do superfluo (non só privarse da carne ou de comer), e para que compartamos co irmán necesitado o amor de Deus que Cristo pon en nós.
    A Coresma debe significar a renovación da nosa identidade cristiá, a que se nos dá no Bautismo. A Coresma sérvenos para poñer ao día na vida os valores básicos do evanxeo, como son: o amor de Deus, a salvación en Cristo, a dignidade das persoas, a alegría da fe, a comuñón eclesial, a construción do reino de Deus, a Palabra de Deus escoitada e vivida, o anuncio e testemuño de Xesucristo, a fraternidade eucarística e dominical, etc.
    A Coresma é o tempo da reciclaxe vital dos seguidores de Xesús.
A.G.V.

4 feb 2012

Orando co evanxeo do domingo (Mc 1, 29-39)

“A xente anda buscándote”,
dixéronche un día, Cristo amigo.
E ti mostraches o teu corazón sensible
porque empezaches a miralos
e andaban moi perdidos,
coma ovellas sen pastor.

Xa ves, Señor, a xente anda buscándote.
E saben ben onde buscar,
Porque traen onda ti un corazón magoado,
con moitas feridas:
As tres feridas que cantou o poeta:
a ferida da vida,
a ferida do amor,
a ferida da morte.

Saben onde buscar.
E coñecen ben a quen buscan.
Non veñen na procura de éxito.
Non desexan fortuna nin saberes...
Soamente necesitan de ti,
Coma min,
coma todos os teus irmáns,
Cristo ...

2 feb 2012

Versión ilustrada do Evanxeo do Domingo V do Tempo Ordinario (B)

DOMINGO V DO TEMPO ORDINARIO (B) - SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS ( 1, 29-39)

Naquel tempo, despois de saír da sinagoga, Xesús foi á casa de Simón e mais de Andrés, con Santiago e Xoán. A sogra de Simón estaba na cama con febre, e axiña lle falaron dela.
E, achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a servilos.
Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle tódolos enfermos e endemoñados; a vila enteira se amoreou na porta. E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e botou moitos demos. Pero ós demos non os deixaba falar, porque o coñecían ben.
Moi cedo, aínda de noite, Xesús ergueuse e saíu para un lugar arredado onde se puxo a orar. Simón e mailos que estaban con el fórono seguindo, e cando o atoparon, dixéronlle:
‑ Todos te andan a buscar.
El respondeulles:
‑ Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para que tamén alí se predique, pois para isto vin.
E marchou e ía predicando nas sinagogas por toda Galilea, e botando fóra os demos.