A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

23 jun 2012

MAGNATES SEN GRANDEZA (Andres G.V.)


Co tema da crise económica ando moi confundido, asombrado e sorprendido. Confundido, porque non me é doado comprender o que está pasando desde hai xa catro anos na economía mundial, especialmente no mundo das grandes empresas, bancos, axencias,  que negocian cos cartos confiados polos aforradores, accionistas e investidores.  A palabra magnates está demasiado próxima á palabra mangantes. 
Tamén estou asombrado pola chea de movementos que teñen os cartos. Non recordo terme parado a pensar que os estados e as súas institucións intermedias, autonomías e concellos, tamén andan “ao fiado”,  como andaba a miña familia nos anos cincuenta, cando a duras penas o xornal de meu pai chegaba para o aluguer da vivenda e para o pan de cada día. De neno non fixen buracos no cinto para apertalo porque os pantalóns infantís tiñan tirantes. E por iso os pantalóns, por frouxos que estivesen,  non caían. Aí é onde aparece sempre con ollos de mal durmir  a “prima de risco”, unha parente que se nos meteu na casa e devora os nosos bens facendo imposible que cheguemos con sosego a fin de mes. É tan aproveitada que nin sequera nos permite  vivir “ao fiado”.

22 jun 2012

O evanxeo da festa do San Xoán

Un neno que nace coma verdadeiro agasallo de Deus. No seu cántico agradecido o pai, Zacarías, profetiza: E ti, meu meniño, serás chamado profeta do Altísimo, porque irás por diante do Señor preparando os seus camiños... 

San Xoán. Lc 1, 57-66.80


Festividade de San Xoán Bautista



Hoxe padecemos necesidade de profetas, soñadores, persoas ilusionantes.... SEguro que, como se di das meigas, habelos hainos, pero ¿por que soa tan apagada a súa voz? ¿Por que non se oen as súas palabras?
En que denuncias están comprometidos e por iso non sabemos deles? Que esperanzas nos están anunciando  que nós non comprendemos?  Cada cristián é de seu, polo bautismo, profeta. O Señor puxo no seu corazón e nos seus labios a súa Palabra, a boa nova da salvación, da plenitude humana e da humanidade... ¿Ulos profetas?


17 jun 2012

Colecta de Cáritas - Xuño


A colecta de Cáritas parroquial foi de 714,87 correspondente ao primeiro domingo de xuño. 
A colecta extraordinaria do  Corpus, Día Nacional da Caridade, foi de 810,59 euros. Esta última vai íntegramente para Cáritas diocesana de Santiago. 

11 jun 2012

FIN DE CURSO DA CATEQUESE.

Sábado, 9 de xuño de 2012
Xubileo Mariano en Carballo e tarde de xogos en Cerceda

 Saímos da igrexa parroquial de Santa Margarida ás 10 da mañá. Camiño de Carballo xa fomos coincidindo cos autocares das parroquias dos Rosais e Labañou, San Pedro de Visma, San Pío X (Escravas),  da catequese do Fogar Calvo Sotelo e de San Francisco Xabier. No noso autocar coincidimos cos catequistas e nenos de San Xosé, de Montealto, que anque non forma parte do noso arciprestado, tamén se une á nosa festa de clausura do curso catequético. 
Cando xa estabamos chegando, pola megafonía do autocar nos foron informando da razón de ser  da visita a Carballo nesta fin de curso. En Carballo tamén se uniu a nós a parroquia de Oseiro, que si que pertence ao arciprestado de Riazor. En total eramos 260 persoas.
 Ás once  empezabamos a celebración da Eucaristía na igrexa parrquial. A Eucaristía foi  unha verdadeira festa comunitaria de fe. 
As diversas partes estaban preparadas por catequistas e nenos das distintas parroquias. Foi unha celebración viva, expresiva, áxil, participada.  Deunos a benvida o párroco de Carballo e, xa no remate, despediuse de nós, explicando o porqué do Xubileo Mariano en Carballo e desexándonos unha feliz xornada.
           







  Acudimos a pé desde a igrexa parroquial á capela da Milagrosa. O río Anllóns acompañaba o noso camiñar e os scouts de San Francisco Xabier animaron cos seus cantos ese curto itinerario. 

¡Cumpreanos feliz!
A tarta era pequena, pero de chocolate!
Xa na capela da Milagrosa, tivemos un breve acto mariano: escoitamos algúns poemas dedicados á Virxe e todos rezamos a Salve. Despois pasamos a renderlle  a nosa  homenaxe á Virxe María, na advocación da Milagrosa, ao tempo que se nos entregaba o simbólico recordo da súa medalla. As nubes estaban sobre nós entoldando o ceo, pero non choveu.


   














Saímos de contadiño para Cerceda. 
Ao pouco os limparabrisas do autocar empezaron a alarmarnos: chovía. Era auga fina pero persistente. Por momentos un pequeno claro no ceo permitíanos esperar que despexase, pero a auga que caía foi crecendo en intensidade. Chegamos ao Aquapark. Baixo uns paraoles dúas ou tres familias amparábanse mentres daban conta do seu xantar. Os curas foron falar cos responsables e viñeron cunha solución alternativa: no polideportivo de A Silva tiñamos as portas abertas para estar baixo cuberto e alí estaban instalados os hinchables, para que os nenos tievesen a compensación de non poder disfrutar dos xogos de auga do Aquapark.
Panorama dos hinchables
Chegados ao Pavillón Polideportivo da Silva, parroquia de Cerceda, fómonos acomodando nas bancadas para dar conta do xantar. Houbo quen levara incluso a súa humilde pero auténtica tarta de cumpreanos. 
Ás dúas e media os monitores que nos acompañaron no polideportivo empezaron a preparar os hinchables e ao pouco unha morea de rapaces e rapazas andaban agaviando, rolando, esvarando e caendo en todas as posicións menos imaxinables. 


Os maiores compartiron os xogos
Hai que saltar conforme as normas...
O grupo de Santa Margarida creou a súa propia diversión, moi animada e concorrida, mediante os saltos á corda, no que participaron catequistas, neos e nenas e incluso nais, algunhas delas moi hábiles e adestradas.
Os divertidos lances do salto da corda
Que formaliños,
 despois de que acabaron a tarta
Eran as seis da tarde pasadas cando o mago Martín nos encandilou coa súa arte case durante unha hora. Vimos coma os panos se convertían en choiva de confetti e como a auga dun vaso pousado na cabeza dunha nena saía polo seu cóbado. 


O mago Martín entretivo e fixo rir
    Ás sete e cuarto, despois de deixar todo ben recollido e limpo, volvemos aos nosos autocares. Ao chegar á  Coruña, sufrimos un desvío por causa dun pampionato de marcha atlética que se estaba desenvolvendo nas rúas do centro. Iso retrasou un pouquiño máis a chegada ao pé da igrexa parroquia, pois fomos primeiro a Monte Alto para deixar alí os catequistas e nenos da parroquia de San Xosé.


Sen tropezos e felices, chegamos áo punto de partida cando xa pasaba das oito e media da tarde. 








1 jun 2012

AS OFENSAS CONTRA OS SENTIMENTOS RELIXIOSOS


Código penal español. Artículo 525 
1. Incurrirán en la pena de multa de ocho a doce meses los que, para ofender los sentimientos de los miembros de una confesión religiosa, hagan públicamente, de  palabra, por escrito o mediante cualquier tipo de documento, escarnio de sus  dogmas, creencias, ritos o ceremonias, o vejen, también públicamente, a quienes  los profesan o practican.
2. En las mismas penas incurrirán los que hagan públicamente escarnio, de palabra o por escrito, de quienes no profesan religión o creencia alguna.
En 1977, dos aficionados al cine y devotos de Buñuel, Javier Krahe y Enrique Seseña, realizan su aportación al séptimo arte: un cortometraje en superocho titulado "Diez comentarios". Uno de los episodios, "Sobre la Cristofagia", es un chiste en el que se propone una receta de cocina ya que los católicos -según su propia doctrina- se comen el cuerpo de Cristo crudo. El experimento no trasciende el ámbito doméstico.
O parágrafo anterior, escrito por López Guereña, compañeiro e amigo de Javier Krahe, recolle a descrición do feito que está na orixe da acusación  de ofensa contra os sentimentos relixiosos, neste caso católicos, polos que foi xulgado o día 28 de maio pasado o cantautor Javier Krahe, día en que escribimos este “til”. O delicto tivo que ver coa difusión desa curtametraxe en Canal+ como fondo dunha entrevista biográfica a Krahe.

A icona da Trindade de Rublev -Cfr: Xénese 18: Un Deus que se hospeda en nós.


Qué bien sé yo la fonte que mana y corre,
aunque es de noche.
1. Aquella eterna fonte está escondida,
que bien sé yo do tiene su manida,
aunque es de noche.
2. Su origen no lo sé, pues no le tiene,
mas sé que todo origen de ella viene,
aunque es de noche.
3. Sé que no puede ser cosa tan bella,
y que cielos y tierra beben de ella,
aunque es de noche.
4. Bien sé que suelo en ella no se halla,
y que ninguno puede vadealla,
aunque es de noche.
5. Su claridad nunca es oscurecida,
y sé que toda luz de ella es venida,
aunque es de noche.
6. Sé ser tan caudalosos sus corrientes.
que infiernos, cielos riegan y las gentes,
aunque es de noche.
7. El corriente que nace de esta fuente
bien sé que es tan capaz y omnipotente,
aunque es de noche.
8. El corriente que de estas dos procede
sé que ninguna de ellas le precede,
aunque es de noche.
9. Aquesta eterna fonte está escondida
en este vivo pan por darnos vida,
aunque es de noche.
10. Aquí se está llamando a las criaturas,
y de esta agua se hartan, aunque a oscuras
porque es de noche.
11. Aquesta viva fuente que deseo,
en este pan de vida yo la veo,
aunque es de noche. 
                                                                                     (San Juan de la Cruz)

Santo Evanxeo - Domingo da Santísima Trindade

A SANTISIMA TRINDADE (3/XUÑO/2012)