Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
28 jul 2012
17 jul 2012
ASEMBLEA DIOCESANA O DÍA 22 DE SETEMBRO
O texto do evanxeo do Domingo XVI con Imaxes.
Evanxeo Mc 6, 30-34
16 jul 2012
Igrexa en Galicia. Información (13/07/2012)
- Consello para ter tempo, facer tempo, gañar tempo. Reflexión de Manuel Vázquez Balnco
- O códice na súa casa
- O patrimonio cultural da Igrexa
- A catedral de Ourense restaura o seu órgano
- Acción Católica de Ourense: a iniciación da infancia
- O bispo de Ratisbona, novo Prefecto da Congregación da Doutrina da fe
- Entrevista: D. Xosé Fernández Lago, coengo da catedral de Santiago
13 jul 2012
12 jul 2012
A CORUÑA HISTÓRICA. ESTAMPAS DE 1926
11 jul 2012
Kyries da "Misa Criolla" de Ariel Ramírez. Oración e homenaxe.
7 jul 2012
SARDIÑADA CON HOMENAXE CARIÑOSA
Eran dadas as oito e media da tarde cando D. Manuel, o párroco, colleu o micro e ofreceu unhas emotivas e sentidas palabras de agradecemento a Josefa, con motivo da súa xubilación como responsable da limpeza da igrexa parroquial por máis de trinta anos.
Como recordo, o párroco entregoulle unha reprodución en prata dun cruceiro tradicional, no que ía gravado o nome de Josefa e a gratitude da parroquia de Santa Margarida.
O equipo habitual de asadores comezara o seu labor algo despois das cinco da tarde.
O equipo de camareiras e servizos auxiliares xa empezara a preparar o comedor desde un par de días antes. Nesa tarde remataron tan aprezable tarefa poñendo manteis, panos de papel, pratos, vasos e demais complementos de vaixela e de xantar.
As sardiñas, anque moi caras os días anteriores, chegaron cun prezo máis asequible. Consumíronse dous paxes completos, que veñen sendo trinta quilos. O complemento de churrasco, lambetadas e queimada estivo no seu punto, case xusto, anque sobrou algo de churrasco. Curiosamente non sobrou pan.
As lambetadas finais, debidas á xenerosidade das espontáneas reposteiras, resultaron abundantes, case excesivas.
A "Rianxeira", o "Andar miudiño", "Vivir na Coruña", Señor cura, señor cura" e tantas outras cantigas tradicionais resoaron con vigor nos locais parroquias.