Hai 2.956 circunscricións eclesiásticas (diócesis) da Igrexa católica. Delas 1.069 son territorios de misión (36,16%).
Considéranse territorios de misión aqueles que non poden subsistir por si mesmos por careceren de recursos humanos e económicos para desenvolver a misión da evanxelización. Dependen directamente da Sede Apostólica a través das Obras Misioneiras Pontificias (Fonte: Dirección Nacional OMP).
Considérase que o 67% da humanidade non coñece o Evanxeo de xeito experiencial. Talvez coñezan a Xesucristo e o Evanxeo dende o punto de vista cultural ou histórico, pero aínda non se incorporaron á Igrexa polo Bautismo (Fonte: Dirección Nacional OMP).
O 17% dos católicos están necesitados dun novo anuncio do Evanxeo. Novo no seu ardor, nos seus métodos e nas súas expresións. É o compromiso da Nova Evanxelización.
As Obras Misioneiras Pontificias están implantadas en 116 países.En todos eles as comunidades cristiás destes países colaboran economicamente e espiritualmente coa actividade misioneira da Igrexa. (Fonte: Informe da Asemblea 2012 de OMP)
Como colaborar cos misioneiros?
1) Rezando por eles, para que Deus fecunde coa súa graza o traballo que realizan e
2) colaborando economicamente coas Obras Misioneiras Pontificias, para que o
Papa poida distribuír, de modo equitativo, entre todos os misioneiros do mundo,
os donativos que chegan dos fieis.