A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

22 abr 2013

10 abr 2013

COLECTA DE CÁRITAS - 1º Domingo de abril - CONTAS DE MARZO

A colecta do primeiro domingo de abril correspondente a Cáritas acadou os 622´44 euros. 
Graciñas. 
Benditos do Señor todos os que saben compartir as cargas dos máis débiles, cireneos da cruz de Cristo. 


CONTAS MES DE MARZO 2013
INGRESOS
Colectas:                        682,39 euros.
Donativos:                      430,00   "
Comunicación de Bens:   2255,00  "
TOTAL INGRESOS ABRIL: 3367,39  euros.

GASTOS
Comunicación de Bens:        341,19 euros.
Cociña Económica:                80,64   "
Axudas en metálico:           1014,00 euros.
GASTOS TOTALES ABRIL:  1435,83 euros

"Quiero ver" - Domingo III de Pascua

Evanxeo do Terceiro Domingo de Pascua

8 abr 2013

O CRISTO ROTO OU INCOMPLETO


     Hai xa tempo unha freguesa fixera doazón dun Cristo crucificado, pero sen pés nin mans. Non porque rompese, senón que é unha imaxe de Xesús na cruz feita así: sen pés e sen mans. 
     Procurouse unha forma digna de ofrecelo á piedade e cariño  de todos e, así, foi colocado no panel primeiro da igrexa,  entrando á man dereita. 

O NOVO BAPTISTERIO

Novo Baptisterio, instalado na Semana Santa de 2013.

          No renovado baptisterio atopamos varios símbolos merecedores de reflexión. Está situado, coa súa pía, na entrada da igrexa, porque o Bautismo é o primeiro sacramento da iniciación cristiá: por el Deus ábrenos a porta da fe para entrar na súa Igrexa, comunidade dos crentes en Cristo.
           Nos gravados dos esteos centrais podemos recoñecer os tres sacramentos da Iniciación: a vieira con auga representa o Bautismo; 
o trigo alude ao Pan da Eucaristía; a pomba refírese ao Espírito Santo que se recibe na Confirmación.
           No centro as letras gregas X (= J),  e P (= R) crúzanse para recordarnos o nome de XRistós, Cristo, fundamento da nosa fe. 

           Na parte interior os esteos centrais mostran, dentro dun círculo,  o perfil dun peixe con esta mesma palabra, peixe, en grego, que dá lugar ao anagrama da frase: Xesús Cristo, Fillo de Deus, Salvador.  Era a confesión de fe dos cristiáns perseguidos polo Imperio Romano, disimulada así no debuxo do peixe.


5 abr 2013

Sínodo: somos un pobo que camiña


Pregúntome se os cristiáns somos  conscientes do que dicimos cando declaramos no Credo: Creo no Espírito Santo, na santa Igrexa Católica, na comuñón dos santos...  
     Son palabras repetidas, recitadas ás veces con monotonía rutineira, pero palabras  que abren os contidos da fe a horizontes sen fin, pois “o Espírito sopra onde quere”.
     Son tamén palabras que expanden a fe persoal ata a amplitude comunitaria e católica, é dicir, que me poñen en verificación, pois o meu crer non é unha ilusión ou crenza miña, senón da igrexa toda, esta nosa igrexa  que cre, predica, anuncia e vive a Xesucristo en todos os recunchos do mundo, reunida e guiada polos seus bispos, sucesores dos apóstolos.
         Neste recuncho europeo e fisterrán onde se asenta a diocese de Santiago o noso arcebispo vén de convocar un sínodo.  

EVANXEO - Domingo II de Pascua. A dúbida de Tomé