A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

20 jul 2013

"A mellor parte" DOMINGO XVI C - TEMPO ORDINARIO

Dom XVI (C)


More PowerPoint presentations from Andres GV
A fe non é outra cousa que o recoñecemento de que Deus nos ama. Ante este descubrimento –verdadeira revelación, encontro persoal co Señor resucitado- nace no corazón o agradecemento. Crer en Deus é inseparable do amor aos irmáns, porque xa el nos dá o seu propio amor. Os cristiáns aprendemos a amar co amor de Deus, co amor de Cristo. Como di Bieito XVI en Deus Caritas est, o cristián que voluntariamente participa na acción caritativa da Igrexa (como Igrexa, como cristián que é) é un voluntario a quen Cristo concede un “corazón que ve”, isto é, empezamos a ver as persoas e os acontecementos cos ollos e coa mirada de Xesús. Por iso é imprescindible sentarnos aos pés do Mestre e aprender a súa mirada...

“María escolleu a mellor parte” porque o que María escoita é a motivación, o fundamento, o amor para exercer a fe, pois iso é a caridade, a fe activa, a fe en dinamismo, a fe que nos pon ao servizo do próximo e que nos fai próximos de todos... 

15 jul 2013

O ESTIPENDIO DA MISA DA TVG

     
Na igrexa de San Frutuoso, depois da celebración, o oficiante e
mais o coro, integrado por colaboradores de Pastoral Xuvenils de Santiago, 
Publicaron os xornais que sae a concurso o programa "Santa Misa", que cada domingo ofrece a retransmisión da Eucaristía pola TVG. O prezo máximo de cada programa, ao que non deben chegar as productoras, é de    5400 euros, IVE incluído. Gañará o concurso a empresa que ofreza mellores medios por menos cartos. 
     Na actualidade o coro ou grupo de canto, a parroquia de San Frutuoso en Santiago  que acolle a celebración, e mais o oficiante, repártense exactamente, e, non a partes iguais, 475 euros por programa.

     O resto vai, sobre todo, en nóminas dos operadores de cámara, o editor de video, o técnico do enlace, o realizador, e mais o transporte dos xeradores de electricidade e outros elementos necesarios para a retransmisión. 

VISITA DE MISIONEIRA


  
María Teresa, a primeira pola nosa esquerda,
co Consello Xeral da súa Congregación.
         María Teresa Andrade, Misioneira de María Mediadora, veu descansar coa súa familia na casa petrucial de Langueirón, en Ponteceso.  Con este motivo ponme ao día da misión por ela fundada en Chezi,  Malawi, misión que desde hai vinte anos veu recibindo apoio solidario de varias familias coruñesas relacionadas co Fogar de Santa Margarida.
     María Teresa fala do proxecto Rainbow e do Centro Saint Mary de Chezi con palabras e entoación sinxelas e humildes, pero vivas e cálidas, convincentes.      

6 jul 2013

REVISION DO CURSO PASTORAL 2012-13

  Na xornada do sábado 6 de xullo, no colexio das Xesuitinas, na Zapateira, reuniuse o párroco, D. Manuel, cun pequeno grupo de fregueses para revisar o curso 2012-13  e preparar os criterios e actividades do próximo curso 2013-14. 
 
O Evanxeo sempre fai pensar 
Da Palabra do Señor naceron as ideas
   Foi un traballo intenso, de reflexión, de oración sobre o evanxeo do domingo XIV, Ciclo C, e onde non faltou o xantar compartido, a alegría e mais unha interesante sobremesa coas relixiosas, que se uniron ao grupo para o café.

Non faltou o bo humor, a alegría da fe
  Unha xornada que esperamos frutuosa para a vida parroquial. 
Os proxectos nacen para ser cumpridos
A xornada foi un exercicio de fraternidade
O xantar foi unha festa. Todo estaba previsto,
incluso o café e mais as lambetadas


   



"Quiero ver" = Mensaxeiros

Domingo XIV Tempo Ordinario, C

03. Dom XIV C 040710


More PowerPoint presentations from Andres GV

Mandounos de dous en dous...