A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

26 ene 2012

Emotiva e concorrida celebración ecuménica




      O día 25 de xaneiro, na nova igrexa parroquial dos Santos Anxos, pouco máis abaixo da Estación de Autobuses, un bo número de participantes asistimos emocionados á Celebración Ecuménica  da Semana de Oración pola unidade dos cristiáns.
      Tivemos a oportunidade de compartir a Palabra de Deus e a oración con cristiáns non católicos moi representativos: pastores e ministros ordenados das igrexas evanxélicas de Oleiros e Ribeira; da igrexa reformada episcopal da Coruña, da Igrexa Ortodoxa rumana, e con eles fixemos a profesión de fe, o credo común, e con eles oramos coa oración do Señor, o Nosopai. Felicitamos ao Delegado Diocesano de Ecumenismo e ao Grupo de Animación Ecuménica da nosa cidade. 




17 ene 2012

18-25 enero: Semana de Oración por la Unidad de los Cristianos

Todos seremos transformados por la victoria de nuestro Señor Jesucristo (Cf. 1 Cor 15, 51-58)
El día 25 a las ocho de la tarde en la nueva iglesia de Los Santos Ángeles,  celebración ecuménica por la Unidad de los Cristianos. 
Los materiales de la Semana de Oración por la Unidad de los Cristianos de 2012 han  sido preparados por un grupo de trabajo compuesto por representantes de la Iglesia católica romana, la Iglesia ortodoxa y las Iglesias vetero-católicas y protestantes presentes en Polonia.

Mensaje de la Comisión Episcopal de Relacioones interconfesionales: 
(...) A la luz de estas intervenciones recientes del Santo Padre, de lo que ha significado para la Iglesia que peregrina en España la Jornada Mundial de la Juventud y los frutos que está llamada a dar, de la situación de los cristianos en algunos países y de los temas que se proponen para la Semana de Oración por la Unidad de los Cristianos de este año, los obispos de la Comisión de Relaciones Interconfesionales de la Conferencia Episcopal Española queremos alentar a los católicos a orar con fuerza, perseverancia y confianza, por la plena unidad visible de todos los cristianos. Unidad que es querida por Cristo y pedida por Él al Padre, que es un don, pero también una tarea de todos los bautizados y renacidos por el agua y el Espíritu. El camino hacia la unidad pasa por vivir intensamente y coherentemente la propia fe, sin adulterarla, ni ceder a las presiones del secularismo. Pasa por no avergonzarse de dar testimonio público de ella. Pasa por comprometerse con los demás cristianos, los creyentes de otras religiones y los hombres de buena voluntad por la justicia y la paz en el mundo, por la defensa y promoción de la vida humana y de la familia fundada en la unión estable y abierta a la vida de un hombre y una mujer. Pasa, en definitiva, por una conversión real y profunda, por una configuración cada vez más plena a Cristo muerto y resucitado, haciendo nuestra por la fe su victoria sobre el pecado y la muerte y manifestándola a través de nuestras obras. La nueva evangelización a la que se nos convoca pide también de todos nosotros un mayor esfuerzo ecuménico para que nuestro testimonio cristiano sea más creíble. ¡Pidamos al Señor que la Semana de Oración por la Unidad de  los Cristianos de este año nos ayude a todos a crecer en nuestra vida cristiana y en nuestra tarea ecuménica, de modo que las personas a las que somos llamados a evangelizar con nuevo ímpetu ‘crean en el Padre y en el Hijo que ha enviado y tengan así vida eterna’ (cf. Jn 17, 3)

22 xaneiro: DOMINGO III DO TEMPO ORDINARIO (B): Marcos 1, 14-20

Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea e anunciaba o Evanxeo de Deus, dicindo:
‑ O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus; convertéde­vos e crede no Evanxeo.
Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a Simón e mais a Andrés, o irmán de Simón, que estaban largando o aparello no mar, pois eran pescadores. Díxolles Xesús:
‑ Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.
Eles deixaron de contado as redes e seguírono.
Un pouco máis adiante viu a Santiago, o fillo de Zebedeo, e mais a Xoán, seu irmán; tamén eles estaban na barca arranxando as redes. E de seguida os chamou. Eles deixaron a seu pai, Zebedeo, na barca cos xornaleiros, e marcharon con el.

14 ene 2012

A quen seguimos? Debemos escoller ben.

 "Quiero ver" ilustra o evanxeo do domingo.
Pincha no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=plNobYkx3r0

Domingo II Tempo Ordinario (CIclo B) - Xoán 1, 35-42)

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, estaba Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
‑ Velaquí o Año de Deus.
Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. Volveuse Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles:
‑ ¿Que buscades?
Eles respondéronlle:
‑ "Rabbí" (que quere dicir "Mestre"), ¿onde paras?
El díxolles:
‑ Vide e veredes.
E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. Vai e atopa primeiro a Simón, o seu propio irmán, e dille:
‑ Encontrámo-lo Mesías (que quere dicir Cristo).
E levouno onda Xesús. Ó velo, díxolle Xesús:
‑ Ti es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro).

10 ene 2012

Presentacion del libro: POR SUS FRUTOS LOS CONOCERÉIS

Lunes 16 de enero, a las 8 de la tarde
en el Salón de Actos de la Fundación Hogar de Santa Margarita, (Valle Inclán 1-3, A Coruña) 
Además del autor intervienen: 
·       Excmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio, Arzobispo de Santiago de Compostela.
·       Sor Clara Gallego Marcos, Superiora de la Comunidad de Hijas de la Caridad de San Vicente Paúl de la IBS Padre Rubinos.
·       José Ramón Amor Pan, Director de la Residencia Universitaria “José Sardina.

 El libro "Por sus frutos los conoceréis. Historia de la caridad en la Iglesia",  publicado por la Editorial San Pablo,  del sacerdote e historiador Juan María Laboa, es una obra sobre el amor, la solidaridad y la historia de la caridad en la vida de los cristianos. "Mirad cómo se aman", señalaban con admiración los paganos de los primeros cristianos. Probablemente, la única identidad de los cristianos es la de la caridad. Pero, ¿en qué consiste este amor, cómo lo manifestamos, de qué manera ha existido este sentimiento y este comportamiento a lo largo de nuestra historia? Estas son algunas de las grandes preguntas a las que intenta responder este libro. En él se hace un repaso de la historia de la caridad desde los grandes fundadores de instituciones eclesiásticas hasta las personas anónimas que aún hoy siguen trabajando por hacer una sociedad más compasiva y fraterna. Son ellos los que cumplen ese precepto que quiso Jesús para sus discípulos: "Por sus frutos los conoceréis".

4 ene 2012

O bautismo, un vínculo que nos transforma para que transformemos o mundo

Desta quenda os de EVD-QUIERO VER aproveitaron a secuencia dunha coñecida película para lembranos que o mundo espera algo (esperanza, amor, bondade...) de nós.
Pincha aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=-l8zubFo8nM&feature=youtu.be

Domingo 8 de xaneiro: O BAUTISMO DO SEÑOR (Mc 1, 7-11)

SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
 Naquel tempo, Xoán proclamaba:
‑ Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, perante quen non son digno de prostrarme para lle desata‑los amallós do seu calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.
E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no Xordán.
E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo:
‑ Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.

6 de xaneiro, Epifanía do Señor - Santo Evanxeo (Mt 2, 1-12)

Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando:
‑ ¿Onde está o Rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos saí-la súa estrela alá no Oriente, e vimos para lle render homenaxe.
Oíndo isto, o rei Herodes alporizouse, e con el toda Xerusalén. Convocou a tódolos sacerdotes e letrados do pobo, para lles preguntar onde tiña que nace-lo Mesías. Eles responderon:
‑ En Belén de Xudea, que así o deixou escrito o profeta:
E ti Belén, terra de Xudea,
de ningún xeito e-la máis pequena,
entre as vilas de Xudea,
que de ti ha saí-lo guía
que será o pastor do meu pobo Israel.
Entón Herodes, ás agachadas, chamou polos magos, para se informar ben de cando lles aparecera a estrela. Logo mandounos a Belén, dicíndolles:
‑ Ide e informádevos ben do que hai dese neno; e unha vez que o atopedes, avisádeme, para ir eu tamén a lle render homenaxe.
Eles, despois de oíren o rei, puxéronse en camiño. E, velaí, a estrela que viran saír no Oriente foinos guiando ata se deter enriba de onde estaba o neno. Grande alegría sentiron ó veren saír de novo a estrela.
E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Prostráronse e rendéronlle homenaxe; logo, abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle como regalo ouro, incenso e mirra. Logo, avisados en soños de que non volvesen por onda Herodes, saíron para a súa terra por outro camiño.