A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

28 may 2024

Sacramento da confirmación

 


O 25 de maio un grupo de rapaces da parroquia deron un paso adiante na súa vida cristiá ao recibir o sacramento da Confirmación. 
A celebración, presidida por Monseñor Santiago Agrelo, tivo lugar na Parroquia de San Antonio da Coruña, á que lle agradecemos a súa dispoñibilidade.
Noraboa a Diego Nicolás, a Christian e a Marcos!








13 may 2024

Ofrenda floral á Virxe María

 


O mes de maio é o mes de María por excelencia e concretamente o día 13 é unha data importante para os devotos da Virxe María.
Este día a Igrexa católica conmemora a aparición da Virxe aos pastores de Fátima: Lucía, Francisco e Jacinta.
Con motivo das festas marianas na celebración dominical fixemos unha ofrenda floral á Virxe coas achegas que pequenos e maiores trouxeron este día para ofrecerlle.
Coida de nós Virxe María, nai do Ceo.