Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
27 oct 2011
VIII Semana de la familia - A Coruña, 8 al 12 de noviembre de 2011
"Quiero ver", videos para comprender mellor o evanxeo do domingo.
DOMINGO XXXI (A)) - SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO (23, 1-12)
22 oct 2011
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO (Mt 22, 34-40)
- Mestre, ¿cal é na Lei o gran mandamento?
El respondeulle:
- Amara-lo Señor, teu Deus, con todo o teu corazón e con toda a túa alma e con todo o teu entendemento; este é o mandamento grande e primeiro. O segundo é semellante a el: Amara-lo teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas.
15 oct 2011
Evanxeo do Domingo XXIX do Tempo Ordinario (A) 16/10/2011
8 oct 2011
O Evanxeo comentado en imaxes - "Quiero ver" do Equipo de EVD
Evanxeo segundo Mateo (22, 1-14)
1 oct 2011
Domingo XXVII A: SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO ( 21, 33-43)
EMPEZAMOS O CURSO DE CATEQUESE: 2/10/2011
A catequese da parroquia é unha experiencia de amizade, de fraternidade, de unión con Deus e con Cristo. Unha experiencia tamén de gozo fondo no corazón. ¡Benvido curso catequético 2011-12!