O Belén parroquial inclúe este ano, ademais da imprescindible escena do portal de Belén, o nacemento do Señor, a serie de "misterios gozosos" que prepararon e seguiron aquel momento central da historia humana en que Deus planta a súa tenda no medio de nós, faise un de nós na carne estremecida e fráxil de Xesús recén nacido.
Todo empezara en Nazaret, cando Gabriel lle anunciou a María que Deus desexaba contar con ela para facerse home. Ela deu o seu si.
|
Por orde do Imperio Romano María e Xosé tiveron que desprazarse a Belén para cumprir coa orde de se censaren alí. |
|
Non había sitio na pousada e a María chegoulle a hora do parto. |
|
Acolléronse onde puideron. Naceu o Neno e acomodárono na comedeira dos animais |
|
A vida arredor seguía coma sempre. As xentes acudían ao seu labor... |
|
Uns pastores que gardaban de noite os seus rabaños recibiron do ceo o aviso do nacemento de Xesús |
|
Acudiron axiña a Belén e atoparon todo como o anxo lles dixera. |
|
Estraños personaxes desde Oriente tamén viñan cara a Belén preguntando por un neno que nacera e que ía ser rei |
|
Traían ricos e fermosos presentes para el. |
|
Foron onda Herodes para se informaren de onde estaría aquel neno. |
|
Pero xa non necesitaban esa información. A estrela que os guiara apareceu de novo indicando onde estaba o recén nacido. Ofrecéronlle os seus agasallos. |
|
No mundo a inmensa maioría da xente, tan necesitada de esperanza, era allea ao gran acontecemento. Coma hoxe... |
|
Moitas persoas festexan o Nadal e ignoran a aquel que naceu en Belén |
Cumprido o tempo fixado na Lei, María e mais Xosé presentaron o neno no Templo. Os anciáns Simeón e Ana esperaban aquel momento...
|
Informados polos magos, María e Xosé fuxiron a Exipto para evitar que Herodes puidese darlle morte ao neno. Alí viviron, esperando con ansia o momento de poder volver a Israel, a ´sua terra. |