A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

22 sept 2024

Catequese parroquial

 


O domingo 6 de outubro comezará o novo curso da catequese parroquial. 
A catequese terá lugar despois da misa das 11 da mañá dos domingos. 
Non deixedes de avisar aos vosos familiares e amigos. 
Convidámosvos a todos a participar.
Xuntos facemos comunidade.

Excursión a Portugal

 


Entre o día 9 e o 12 de setembro a Parroquia de Santa Margarida realizou unha excursión á veciña Portugal. 
Durante estes catro días percorremos a zona norte chegando mesmo ata Lisboa, tendo como base Fátima.
Quedamos fondamente admirados da beleza da nosa terra irmá e gardaremos na nosa memoria un grato recordo deses días alí vividos.