Non é fácil establecer os límites do que se chama cultura xeral. Espérase dun Diplomado ou Graduado universitario unha notable posesión da mesma. Pero en verdade non debemos escandalizarnos. Estou convencido de que as cuestións erradas polos aspirantes a mestres en Madrid tampouco serían respondidas con acerto por outros universitarios doutras titulacións. Era unha proba xeral, selectiva, na que non entraban os contidos específicos dos estudos de mestre. O que estes resultados indican é a mala saúde do noso ensino primario e medio.
Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
RELIXION NAS AULAS, UNHA NECESIDADE CULTURAL (A.G.V.)
Non é fácil establecer os límites do que se chama cultura xeral. Espérase dun Diplomado ou Graduado universitario unha notable posesión da mesma. Pero en verdade non debemos escandalizarnos. Estou convencido de que as cuestións erradas polos aspirantes a mestres en Madrid tampouco serían respondidas con acerto por outros universitarios doutras titulacións. Era unha proba xeral, selectiva, na que non entraban os contidos específicos dos estudos de mestre. O que estes resultados indican é a mala saúde do noso ensino primario e medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario