A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

RELIXION NA ESCOLA, PRIVILEXIO OU DEREITO?

  Son tantas e tan desprovistas de razón as opinións sobre a asignatura de Relixión na escola que será útil, en primeiro lugar, reproducir o texto do proxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, LOMCE. Di así:
  1. La enseñanza de la religión católica se ajustará a lo establecido en el Acuerdo sobre Enseñanza y Asuntos Culturales suscrito entre la Santa Sede y el Estado español. A tal fin, y de conformidad con lo que disponga dicho Acuerdo, se incluirá la religión católica como área o materia en los niveles educativos que corresponda, que será de oferta obligatoria para los centros y de carácter voluntario para los alumnos.

2. La enseñanza de otras religiones se ajustará a lo dispuesto en los Acuerdos de Cooperación celebrados por el Estado español con la Federación de Entidades Religiosas Evangélicas de España, la Federación de Comunidades Israelitas de España, la Comisión Islámica de España y, en su caso, a los que en el futuro puedan suscribirse con otras confesiones religiosas.
3. La determinación del currículo y de los estándares de aprendizaje evaluables que permitan la comprobación del logro de los objetivos y adquisición de las competencias correspondientes a la asignatura Religión será competencia de las respectivas autoridades religiosas. Las decisiones sobre utilización de libros de texto y materiales didácticos y, en su caso, la supervisión y aprobación de los mismos corresponden a las autoridades religiosas  respectivas, de conformidad con lo establecido en los Acuerdos suscritos con el Estado español.”
         Este é o artigo clave referente á asignatura de Relixión.  Ademais, a LOMCE,  na descrición dos currículos (= conxunto de contidos)  de cada ciclo e curso inclúe como optativa a Relixión xunto coa súa alternativa, "Valores éticos".

¿Privilexio ou dereito?
Primeira aclaración: non se trata soamente da relixión católica.
O Proxecto de Lei, neste artigo oitenta, dispón que no ensino obrigatorio haberá clase de Relixión Católica e tamén doutras Relixións, se existe o Convenio  entre o Estado e as institucións relixiosas representativas. É sabido que en Levante, Cataluña e Andalucía abundan os centros onde hai clase de Relixión Islámica para os alumnos que a piden. En Galicia, en determinadas localidades, hai clase de Relixión Cristiá Evanxélica para o grupo de alumnos desta adscrición.
Segunda aclaración: A clase de Relixión non é un privilexio, senón un dereito que a lei debe recoñecer e amparar. Os católicos defendemos para musulmáns, xudeus, non católicos e ateos ese mesmo dereito. Por iso a asignatura ten que ser optativa para o alumno.
Clase de relixión,
¿con exames e notas no expediente?
Si, se de certo é unha materia escolar, coma as outras. Non é catecismo nin catequese. Non é adoutrinamento nin "cometarros". Non se lle pon nota a un neno por ser bo, nin  por ir a misa, nin por rezar cada día. O profesor de Relixión ten o coidado –deber de todos os mestres e profesores- de non forzar a conciencia dos alumnos. A materia de Relixión debe avaliarse,  como toda asignatura, en función das competencias, contidos e coñecementos adquiridos polo alumno. Por iso cómpre que as notas se rexistren no expediente e conten para a nota media e para as bolsas de estudos.
Na escola a Relixión é, a todos os efectos, unha disciplina académica,  unha asignatura.
      A.G.V.

No hay comentarios:

Publicar un comentario