A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

17 sept 2011

Domingo XXV do Tempo Ordinario - Andres GV

   O evanxeo deste domingo ponnos diante tres temas patentes e moitos outros implíctos.
   Entre os patentes: a traxedia da falta de traballo;  a responsabilidade dos patróns e empresarios en facilitalo; traballar na viña do Señor, isto é, no seu reino,  non é carga senón graza; os dons de Deus non teñen prezo e a súa xustiza non é coma a nosa; a conclusión da parábola: os últimos son os preferidos de Deus (precisamente porque non é coma nós nin exerce a xustiza coma nós).
   Entre os implícitos: o sentido misioneiro e evanxelizador do seguidor de Xesús; onde e do lado de quen nos situamos na historia humana: onde están os nosos “últimos”?; optar por ser último xa, desde agora, para vivir a alegría dun amor que so entende quen ama entre e desde os “últimos”. 

Pincha aquí para seguir pensando coa axuda de "Quiero ver"
 http://www.youtube.com/watch?v=nqjK3Fzullg&feature=player_embedded

No hay comentarios:

Publicar un comentario