Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
14 mar 2013
A ALEGRIA DA IGREXA: "Habemus Papam: Franciscus"
Unha hora e corenta minutos de vídeo recollendo en tempo real, con sonido ambiente, sen comentarios, a gravación do Centro Televisivo Vaticano do acontecer en San Pedro desde a fumata branca, ás 19,06 da tarde do día 13/03/2013, ata a bendición papal do novo sucesor de Pedro, o papa Francisco.
Unha alegría que une e reforza os sentimentos de comuñón entre os cristiáns e católicos do mundo enteiro.
Benvido, Francisco, irmán e pai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario