|
María Teresa, a primeira pola nosa esquerda,
co Consello Xeral da súa Congregación. |
María Teresa Andrade, Misioneira de
María Mediadora, veu descansar coa súa familia na casa petrucial de Langueirón,
en Ponteceso. Con este motivo ponme ao
día da misión por ela fundada en Chezi,
Malawi, misión que desde hai vinte anos veu recibindo apoio solidario de
varias familias coruñesas relacionadas co Fogar de Santa Margarida.
María
Teresa fala do proxecto Rainbow e do Centro Saint Mary de Chezi con palabras e
entoación sinxelas e humildes, pero vivas e cálidas, convincentes.
O
lector sabe que Malawi é un pequeno país, veciño de Zambia, Mozambique e
Tanzania, cos que comparte as augas do lago Malawi, que lle dá nome. Está entre
os estados máis atrasados e máis densamente poboados do continente continente
africano. A economía está baseada na agricultura, cunha poboación
predominantemente rural. Ten unha baixa taxa de esperanza de vida e moi alta
taxa de mortalidade infantil. Por riba, a epidemia da sida é a causa de moitos
nenos orfos, que malamente poden ser
atendidos polos seus familiares.
A
misión onde se levantou o Centro Saint Mary de Chezi acolle nel a 200 nenos
orfos, que encontran así fogar, alimentación apropiada e educación.
Ademais,
o proxecto Rainbow desenvolve desde 1991 un programa de educación e
alimentación para máis de mil cincocentos nenos dos poboados veciños, que veñen
á escola, comen e levan tamén o alimento
cotián para a súa familia.
O Centro Saint Mary dispón tamén de campos de
cultivo que traballan os propios nenos e os seus coidadores e monitores. Con
diversas axudas, instalouse un sistema de regadío, gota a gota, que permite
producir os froitos do país así como nabizas, pementos de Padrón, tomates,
repolos e outros produtos galegos, exportados
por María Teresa desde Bergantiños e que se adaptaron moi ben ao terreo e clima
local. Un fato de cabras andaluzas e un rabaño de vacas cedido por Reny Picot
completan o milagre cotián de Santa María de Chezi, equilibrando a alimentación
co aporte de carnes e derivados lácteos.
A
visita de María Teresa Andrade reforza a miña íntima e personalísima
satisfacción de ser e sentirme católico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario