A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

16 jul 2012

Igrexa en Galicia. Información (13/07/2012)

-Contidos
- Consello para ter tempo, facer tempo, gañar tempo. Reflexión de Manuel Vázquez Balnco
- O códice na súa casa
- O patrimonio cultural da Igrexa
- A catedral de Ourense restaura o seu órgano
- Acción Católica de Ourense: a iniciación da infancia
- O bispo de Ratisbona, novo Prefecto da Congregación da Doutrina da fe
- Entrevista: D. Xosé Fernández Lago, coengo da catedral de Santiago

12 jul 2012

A CORUÑA HISTÓRICA. ESTAMPAS DE 1926

Acabo de recibir este precioso documento. Diverosos percorridos dos tranvías coruñeses, o da cidade e o de cercanía (Coruña-Sada) aló polo 1926. Paga a pena pararse e admirar.

11 jul 2012

Kyries da "Misa Criolla" de Ariel Ramírez. Oración e homenaxe.

Escoitade e vede esta interpretación do canto penitencial da Misa Criolla. Facédeo deixando que o corazón se enchoupe da forza, intensidade e sinceridade deste clamor. É pregaria e homenaxe para un amigo arxentino enfermo.

7 jul 2012

SARDIÑADA CON HOMENAXE CARIÑOSA

      O venres, día derradeiro de xuño, reunímonos unhas cento oitenta persoas con ocasión da sardiñada anual. Este ano a sardiñada estaba prevista para o primeiro sábado de xullo pero desde o Concello nos advertiron que non habería permisos nese mes para facer lume.
    

     Eran dadas as oito e media da tarde cando D. Manuel, o párroco, colleu o micro e ofreceu unhas emotivas e sentidas palabras de agradecemento a Josefa, con motivo da súa xubilación como responsable da limpeza da igrexa parroquial por máis de trinta anos.



     Josefa, que estaba acompañada polo seu neto, non esperaba a merecida homenaxe que os alí reunidos lle dispensaron.










    Como recordo, o párroco entregoulle unha reprodución en prata dun cruceiro tradicional, no que ía gravado o nome de Josefa e a gratitude da parroquia de Santa Margarida.








  O equipo habitual de asadores comezara o seu labor algo despois das cinco da tarde.
        O equipo de camareiras e servizos auxiliares xa empezara a preparar o comedor desde un par de días antes. Nesa tarde remataron tan aprezable tarefa poñendo manteis, panos de papel, pratos, vasos e demais complementos de vaixela e de xantar. 



     As sardiñas, anque moi caras os días anteriores, chegaron cun prezo máis asequible. Consumíronse dous paxes completos, que veñen sendo trinta quilos. O complemento de churrasco, lambetadas e queimada estivo no seu punto, case xusto, anque sobrou algo de churrasco. Curiosamente non sobrou pan.

  


     As lambetadas finais, debidas á xenerosidade das espontáneas reposteiras, resultaron abundantes, case excesivas.






   A "Rianxeira", o "Andar miudiño", "Vivir na Coruña", Señor cura, señor cura" e tantas outras cantigas tradicionais resoaron con vigor nos locais parroquias. 
  
    Xa pasadas as once, en pequenos grupos de amigos e familiares, os comensais foron marchando, coa sensación común dunha festa grata, ben organizada, que serve para reforzar o sentido comunitario e fraterno de todos os participantes.