A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

27 nov 2011

DOMINGO I ADVENTO (B) : SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS (13, 33-37

Naquel tempo, díxolles Xesús ós seus discípulos:
Estade á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.

É coma un home que foi ó estranxeiro, deixando a casa e  maila facenda nas mans dos seus criados, encargándolles a  cada un o que tiña que facer; e ó porteiro ordenoulle que velase.
Vixiade vós, polo tanto, pois non sabedes cando chegará o amo da casa: se á tardiña ou con noite pecha, se co canto do galo ou no amencer. Non vaia ser que chegue de repente, e vos atope durmindo.
E o que vos digo a vós, tamén llelo digo a todos: ¡Estade en vela!
                                                                                                              Palabra do Señor

No hay comentarios:

Publicar un comentario