A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

19 nov 2011

FESTA DE XESUCRISTO REI - SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO (25, 31-46)

Naquel tempo, díxolles Xesús ós seus discípulos: Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e tódolos anxos con el, sentará no seu trono glorioso. Diante del xuntaranse tódalas nacións; e separará uns dos outros, como xebra o pastor as ovellas das cabras. E poñerá as ovellas á súa dereita, e as cabras á súa esquerda.
Entón dirá o Rei ós da súa dereita:
‑ Vinde, benditos do meu Pai, recibide a herdanza do reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame, e déstesme de comer; tiven sede, e déstesme de beber; fun foras­teiro, e acolléstesme; estiven en coiro, e vestístesme; enfermo, e visitástesme; na cadea, e viñéstesme ver.
Entón preguntaranlle os xustos:
‑ Señor, ¿cando te vimos famento e che demos de comer, ou sedento e che demos de beber? ¿Cando te vimos forasteiro e te acollemos, ou en coiro e te vestimos? ¿Cando te vimos enfermo ou na cadea e te visitamos?
O Rei contestaralles:
‑ Dígovolo de verdade: Canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos, fixéstelo comigo.
E diralles logo ós da súa esquerda:
‑ Arredade de min, malditos, ide para o lume eterno, prepa­rado para o Satán e para os seus anxos. Porque tiven fame e non me destes de comer; tiven sede e non me destes de beber; fun forasteiro, e non me acollestes; estiven en coiro, e non me vestistes; enfermo e na cadea, e non me visitastes.
Entón tamén eles lle preguntarán:
‑ Señor, ¿cando te vimos famento ou sedento, forasteiro ou en coiro, enfermo ou na cadea, e non che acudimos?
El responderalles:
‑ Dígovolo de verdade: Canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de mo facer a min.
Estes irán ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna.
           Palabra do Señor / Loámoste, Cristo

No hay comentarios:

Publicar un comentario