A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

4 ene 2012

Domingo 8 de xaneiro: O BAUTISMO DO SEÑOR (Mc 1, 7-11)

SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
 Naquel tempo, Xoán proclamaba:
‑ Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, perante quen non son digno de prostrarme para lle desata‑los amallós do seu calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.
E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no Xordán.
E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo:
‑ Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario