A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

8 abr 2013

O CRISTO ROTO OU INCOMPLETO


     Hai xa tempo unha freguesa fixera doazón dun Cristo crucificado, pero sen pés nin mans. Non porque rompese, senón que é unha imaxe de Xesús na cruz feita así: sen pés e sen mans. 
     Procurouse unha forma digna de ofrecelo á piedade e cariño  de todos e, así, foi colocado no panel primeiro da igrexa,  entrando á man dereita. 

     É unha imaxe do Señor que suxire sobre todo dúas ideas: 
     1). San Paulo comenta: "Completo na miña carne o que falta á Paixón de Cristo en favor do seu corpo que é a Igrexa" (Col 1, 24). Cristo está incompleto e a súa redención  non chega a todos, se nós, os membros do seu Corpo místico, non facemos da nosa persoa e da nosa vida unha ofrenda de amor polos demais. Mesmo os nosos padecementos se poden vivir como Xesús nos ensina desde a cruz. As mans, os pés, que faltan nesa imaxe, son as nosas mans, os nosos pés, os nosos padecementos.
     2). O mundo está salvado por Cristo, crucificado e resucitado. A tarefa de anunciar e levar a salvación a todas as persoas e a toda a humanidade, sen embargo, está inacabada, incompleta. Témoslle que emprestar a Cristo o noso corpo, as nosas mans, os pés, o corazón, os labios, a voz, o traballo, etc,  para que o Reinado de Deus se vaia edificando na historia humana. 
     Esta é a idea principal da oración que acompaña a imaxe. A oración di así:

          Señor, non tes mans,
tes só as miñas mans...
          Señor, non tes pés,
tes só os meus pés...
          Señor, non tes labios,
tes só os meus labios...
          Señor, non tes medios,
tes só a miña acción...
          Señor, aquí tes as miñas mans,
os meus pés, os meus labios,
o meu tempo...
          Irei contigo onde ti queiras.
          Amén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario