A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

3 ago 2013

DOMINGO XVIII: GASTAR O TEMPO, GAÑAR COUSAS, PERDER O TEMPO

Dom. XVIII.C. Lc 12, 13-21 pps


More PowerPoint presentations from Andres GV
Resoa con forza este domingo a voz pesimista pero atinada do sabio de Israel, chamando a atención sobre a frívola maneira de gastar o noso tempo. E non me refiro as vacacións ben gañadas nin ao disfrute do tempo libre, de paraia, de montaña; nin sequera me refiro ás mesas festivas e familiares ben abastecidas, das que case ninguen se libera nin fai moito esforzo por liberarse. Refírome á advertencia, que tamén recolle o salmo:
Ensínanos a contar os nosos días,
para que acheguemos o corazón á sabedoría.


O evanxeo noavemente recolle o tema da primeira lectura e Xesús fainos a grave advertencia sobre a precariedade da existencia e encáranos coa cuestión da súa finalidade: para que vivimos, se ao remate non levamos nada deste mundo para o outro? Cuestión interesante. A pensar. E optar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario