A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

8 dic 2023

Visita o belén parroquial


Despois do moito tempo e dedicación por parte de Luis Nogueira e Tomás Tudó xa se pode visitar o Belén da Parroquia de Santa Margarida.

Podédelo facer neste horario: 

Mañáns: de 11:00 a 12:30

Tardes: de 18:00 a 19:30 

Agradecemos fondamente a Luis e a Tomás polo seu esforzo. 

Bo Nadal!











 

No hay comentarios:

Publicar un comentario