Concelebraron con el os xa novos presbíteros e os outros cento cincuenta que, así, acolleron na orde presbiteral os novos membros.
Nese momento próstranse no chan e toda a asemblea, isto é, o Pobo de Deus, eleva a súa oración e invoca a intercesión dos santos para que os que van ser ordenados vexan cumpridos na súa vida os votos formulados. A escena é emotiva. Os elixidos, prostrados no chan, asumen a carga do coidado do Pobo de Deus. Unha carga honrosa, un servizo ou ministerio recibido de Deus que é quen chama, unha misión que expropia a quen a recibe de si mesmo, de calquera outro proxecto de vida e da súa familia natural. Pertence xa para sempre ao Pobo de Deus, a Igrexa. Esta nova familia, consciente da debilidade humana, faise solidaria con el, roga por el, e nesa oración comprende que o ministerio recibido excede a capacidade do home. Soamente coa graza de Deus pode o sacerdote desenvolver fielmente a misión encomendada e servir con humildade e amor ao Pobo do Señor.
Na ordenación dos diáconos o bispo entrégalles o libro dos Evanxeos e dilles: Recibe o evanxeo do que fuches constituído mensaxeiro; converte en fe viva o que les, ensina o que fixeches fe viva e cumpre o que ensinas.
Unha recomendación que vale para todos, presbíteros, diáconos e leigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario