A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

29 dic 2011

BENDICION DE ANO NOVO - Videos de quiero ver

Pincha aquí e moi feliz ano de graza e de paz:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=biF0ULg_aTk

Día 1 de xaneiro - Santa Nai de Deus - Xornada Mundial pola paz

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS  (Lc 2, 16-21)
 Naquel tempo, os pastores foron correndo, e atoparon a María e mais a Xosé, e o neno deitado na manxadoira. Ó que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño aquel.
E cantos o oíron, quedaron pasmados do que os pastores lles dixeron.
María, que trataba de comprender, conservaba todas estas cousas no seu corazón.
E os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto oíran e viran, todo como lles fora anunciado.
         Ós oito días tocaba circuncida‑lo neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.

27 dic 2011

.Parece que non, pero si. Estatisticas do blog parroquial

Pensabamos que o noso blog non lles interesaba aos internautas, nin  sequera aos da parroquia. Non sentimos o paso polo noso blog das persoas que o visitan. Non deixan comentarios, que é a maneira de dicir "estiven aquí e, ao ler o blog, pensei isto". Nada, silencio. Non hai comentarios. 
Pero botando unha ollada ás estatísticas que Blogger ofrece aos seus usuarios resulta que no último mes (novembro) o blog foi visitado 464 veces. E desde que se creou, as visitas totais foron 1781. A maioría proceden de España, pero tamén hai de Alemaña (57), Estados Unidos (38),  Rusia (38), Colombia, Arxentina, Chile e Italia. 
Está por saber cantos dos visitantes son fregueses ou veciños de Santa Margarida. 
A estatística anímanos a seguir aquí, deixando constancia do labor dos membros da comunidade parroquial ao servizo do evanxeo de Xesucristo.

25 dic 2011

Lotería de Nadal - Participacións premiadas do 99311

As participacións da parroquia na Lotería de Nadal,  de 2,50 € cada unha, pasaron a ter un valor de 12,50.
A partir do martes, día 27, pódense facer efectivas en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, antigas Caixa Galicia e Novacaixa. 
A todos os que deciden deixar o premio ou parte del para axuda da parroquia, moitísimas grazas. 
A parroquia distribuíu  en total 7200 euros de Lotería. Co premio pasaron a valer 36000 euros. 

24 dic 2011

"Quiero ver" - Comentario do evanxeo en imaxes - Nadal 2011

Outra maneira de "ler" o evanxeo. Pincha. Agradeceralo.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Qrw8HexUyhQ

O NADAL DO SEÑOR (25/12/11)

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN 
(1,1-5. 9-149

No principio existía a Palabra, e a Palabra estaba onda Deus, e a Palabra era Deus.Ela estaba no principio onda Deus.Todo foi feito por ela, e sen ela non se fixo nada do que foi feito.
Nela estaba a vida, e a vida era a luz dos homes; a luz aluma na tebra, e a tebra non a deu apagado. A Palabra era a verdadeira luz que aluma a todo home que vén a este mundo.
Ela estaba no mundo, e o mundo foi feito por ela, pero o mundo non a recoñeceu.
Veu á súa propiedade, e os seus non a acolleron.
Pero a cantos a  recibiron, ‑ós que cren no seu nome‑ déulle-lo poder de seren fillos de Deus.  

Estes, non naceron do sangue, nin da vontade da carne, nin da vontade do home, senón de Deus.
E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda, e nós vímo-la súa gloria, gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de gracia e de verdade.

19 dic 2011

O BELÉN PARROQUIAL - Instalador: Luís Nogueira


   O belén parroquial ocupa dentro da igrexa unha superficie de 25 metros cadrados. Podemos admirar nel algunhas figuras e instalacións dotadas de movemento; podemos admirar o agarimo posto na representación de árbores, arbustos, froitos do campo; podemos admirar ambientes, edificios e vivendas, case todos saídos da man habelenciosa de Luís Nogueira, o noso belenista.






   Pero o máis notable do noso belén reside nos seus contidos. 




     O centro, como é lóxico, é o portal de Belén onde se representa o nacemento de Xesús; cerca deste vemos o anuncio aos pastores e no camiño os magos que lle van render homenaxe. Nisto o belén parroquial é coma todos.










 O máis notable está noutras escenas complementarias do acontecemento. Así, por exemplo, a escena da Anunciación a María, a Visitación de María á suá curmá Isabel, o censo que provoca a presenza de Xosé e María en Belén, a Presentación de Xesús no templo de Xerusalén, e incluso a Fuxida a Exipto para eludir a persecución de Herodes.






 Estas escenas fan que o belén parroquial se axuste mais literalmente aos relatos evanxélicos de Mateo e Lucas, e promove unha narración máis  completa dos mesmos.















































   
   







16 dic 2011

Sacerdote diocesano nomeado bispo de Ourense.

Na imaxe vemos a D. Julián, o arcebispo de Santiago, e a D. Leonardo Lemos Montanet, designado bispo de Ourense  polo Papa Bieito XVI, nun momento da rolda de prensa na catedral, o venres día 16,  ao mediodía.
 D. Leonardo Lemos Montanet era profesor do Instituto Teolóxico Compostelán, no que exerceu diversos cargos, actualmente tamén era Director Técnico do Seminario Menor de Santiago e coengo da catedral.
 Omnia in caritate é o lema episcopal do novo bispo. Significa literalmente "todo con amor".Está inspirado no lema episcopal do tamén arcebispo compostelán cardeal Quiroga, de quen D. Leonardo é biógrafo.
¡Moitas felicidades, D. Leonardo! ¡Que o Señor o guíe na nova tarefa encomendada!

           Pincha aquí : http://www.youtube.com/watch?v=LdaIfxnZT4w&feature=player_embedded

15 dic 2011

Día 20, martes: CELEBRACIÓN DO PERDÓN (19,30 h.)

Como María, coma Xoán o Bautista, tamén nós preparamos unha hospedaxe para o Señor que vén no Nadal: o noso corazón. Será unha morada pobre pero limpa; austera pero confortable; pequena pero cálida e acolledora. Estamos convocados para que  Xesús encontre sitio na nosa pousada.
Coa penitencia compartida e celebrada en comuñón e fraternidade, expresamos a nosa debilidade persoal e agradecemos o perdón de Deus que nos chega por medio da Igrexa.
Trátase de prender as nosas lámpadas, como facemos coa coroa do advento, pero decatándonos do que iso significa: brillar coa luz do amor de Deus, coa candea da súa misericordia, para sermos testemuñas da súa luz. Que na nosa vecindade todos poidan ver, nos cristiáns,  a luz  que sinala o camiño cara a Cristo recén nacido.
A celebración do perdón vai seguida da Eucaristía habitual.

Unha perspectiva orixinal. " Se destapa" : 4º Domingo de Adviento

Este domingo "Quiero ver" céntrase na 1ª lectura do día.  Deus anda procurando casa. Non será David quen lla faga. No evanxeo, María acepta ser "casa de Deus", "morada do Altísimo". Pincha neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=B1vHPV93Y4s

DOMINGO IV DE ADVENTO - SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS (Lc 1, 26-38)

Naquel tempo, Deus mandou o anxo Gabriel a unha cidade de Galilea, chamada Nazaret, onda unha virxe prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé. O nome da virxe era María.
O anxo entrou onde estaba ela, e díxolle:
‑ Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo.
Ela turbouse con estas palabras e cavilaba no que podería significa‑lo saúdo aquel. Díxolle entón o anxo:
‑ Non teñas medo, María, porque acadaches gracia ante Deus. Velaí que vas concibir no teu ventre e dar á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. El será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.
Díxolle María ó anxo:
‑ ¿Como vai acontecer iso, pois eu non coñezo varón?
O anxo respondeulle:
‑ O Espírito Santo ha de baixar sobre ti, e o poder do Altísimo hate de cubrir coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. Aí te‑la túa curmá Isabel, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles.
Entón María dixo:
‑ Velaquí a escrava do Señor, cúmprase en min o que dixe­ches.
E o anxo marchou de onda ela.
            Palabra do Señor / Loámoste, Cristo

9 dic 2011

DOMINGO III DE ADVENTO - Evanxeo Xoán 1, 6-8. 19-28

Houbo un home mandado por Deus: o seu nome era Xoán.
Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el.
Non era el a luz, senón que veu para dar testemuño da luz.
E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar:
‑ ¿Ti quen es?
El declarou e non negou. Declarou:
‑ Eu non son o Cristo.
Preguntáronlle:
‑ Entón ¿quen es ti? ¿Es Elías?
Contestou:
‑ Non son.
‑ ¿E-lo profeta?
Respondeu:
‑ Non.
Daquela dixéronlle:
‑ ¿E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. ¿Que dis de ti mesmo?
El dicía:
‑ Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).
Algúns dos mandados eran fariseos e preguntáronlle:
‑ Entón ¿por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
Xoán respondeulles:
‑ Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes; o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desata-lo amalló da sandalia.
Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando.

7 dic 2011

Campaña de Cáritas de Nadal

No día da Inmaculada Cáritas Interparroquial e as cáritas parroquiais da cidade empezan a súa Campaña especial de Nadal.
Cáritas de Santa Margarida agradece que os donativos sexan en metálico. Os alimentos xa chegan ás familias grazas ao labor do Banco de Alimentos, en estreita colaboración cos voluntarios de Cáritas. A dispoñibilidade de cartos facilita a eficacia das axudas e para as familias non deterioradas é máis digno decidir eles o que necesitan e non que persoas alleas, aínda con boa intención, decidan por eles. Iso si, sempre coas cautelas e garantías pertinentes fronte aos posibles enganos e pillerías,
No domingo primeiro, a colecta das misas foi superior ao normal: 762, 56 euros.
O Señor bendí a aqueles que o recoñecen nos pobres.

INMACULADA CONCEPCIÓN - EVANGELIO (Lc 1, 26-38)

   Lectura del santo Evangelio según San Lucas.
   El ángel Gabriel fue enviado por Dios a una ciudad de galilea llamada Nazaret, a una virgen desposada con un hombre llamado José,  de la estirpe de David; la virgen se llamaba María.
   El ángel, entrando en su presencia, dijo: Alégrate, llena de gracias, el  Señor esta contigo; bendita tú eres entre todas las mujeres.
    Ella se turbó ante estas palabras y se preguntaba qué  saludo era aquel.
    El ángel le dijo: No temas, María,  porque has encontrado gracia ante Dios. Concebirás en tu vientre y darás a luz un hijo, y le pondrás por nombre Jesús. Será grande, se llamará Hijo del Altísimo, el Señor Dios le dará el trono de David, su padre, reinará sobre la casa de Jacob para siempre, y su reino no tendrá fin.
    Y María dijo al ángel: Cómo será eso, pues no conozco a varón?
    El ángel le contestó:  El Espíritu Santo vendrá sobre ti,  y la fuerza del Altísimo te cubrirá con su sombra; por eso el Santo que va a nacer se llamará Hijo de Dios. Ahí tienes a tu pariente Isabel, que, a pesar de su vejez, ha concebido un hijo, y ya está de seis meses la que llamaban estéril, porque para Dios nada hay imposible.
María contestó: Aquí está la esclava del Señor; hágase en mí según tu palabra.
Y la dejó el ángel.

NUEVO DIÁCONO PERMANENTE: RAFAEL CASÁS SALGADO

Vigilia Coruna_2011_0052 El próximo diácono permanente de la diócesis de Santiago es Rafael Casás Salgado, casado, padre de un niño y de una niña, profesor del colegio de las Calasancias, en A Coruña, acompañante de grupos juveniles en la parroquia de San Antonio, profesor y colaborador del Centro de Formación Teológica de Seglares en su sede coruñesa del Hogar de Santa Margarita, actual secretario del Consejo Diocesano de Pastoral, miembro de la Delegación Diocesana de Liturgia,  diligente colaborador de la Delegación de de Apostolado Seglar. Y seguro que nos olvidamos algo. En la imagen vemos a Rafael abriendo la procesión de entrada de la Vigilia Mariana de Adviento del pasado 5 de diciembre (Foto: Miguel Castaño)
La ordenación será en San Antonio (Av. Fisterra 256) el día 22 de diciembre a las ocho de la tarde. La fecha es también significativa pues es el aniversario  de la creación de la parroquia de San Antonio.  A Rafael, a Lucy su esposa, a la comunidad parroquial de San Antonio, la enhorabuena y el gozo de compartir con ellos esta buena noticia.

3 dic 2011

Presentación do libro "Templos coruñeses" de Carlos García Cortés

O xoves, día 1 de decembro, na igrexa parroquial de San Jorge, na Coruña, tivo lugar a presentación do libro "Templos coruñeses. Historia, arte, culto". O autor, Carlos García Cortés , teólogo e historiador, conforme el mesmo confesou, ao dar constancia das orixes e razóns de cada unha das igrexas da Coruña, vai tecendo a "intrahistoria eclesial" da nosa cidade desde moito antes do século XIII, ano en que foi levantada a igrexa parroquial de Santiago, ata o presente. Neste mesmo ano 2011 foi inaugurada a igrexa parroquial dos Santos Anxos, en Elviña.


Na fotografía vemos, de esquerda á dereita, o autor, o Vigairo territorial, o arcebispo, o párroco de San Jorge, a D. Andrés e o editor do libro.

"QUIERO VER" - Comentario ao evanxeo deste domingo

Pincha aquío e verás un comentario audiovisual do evanxeo deste Domingo II de Advento
http://www.youtube.com/watch?v=oYAxLpoWd8c

DOMINGO II DE ADVENTO - SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS ( Mc 1, 1-8)

            Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo Fillo de Deus.
           
            Como está escrito no profeta Isaías:
            "Mira, mándoche por diante un mensaxeiro, para que prepare o teu camiño;
            voz de quen clama no deserto: "Preparade o camiño do Señor,
            endereitade os seus vieiros".
            Presentouse Xoán Bautista no deserto, pregoando un bautismo de conversión para perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a rexión de Xudea e todos os de Xerusalén; confesaban os seus peca­dos e el bautizábaos no río Xordán.
            Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro arredor do van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.

            E proclamaba:
            ‑ Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, diante de quen non son digno de prostrarme para lle desatas os amallós do seu calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.
           
            Palabra do Señor                                         
            R/. Loámoste, Cristo