A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

3 dic 2011

Presentación do libro "Templos coruñeses" de Carlos García Cortés

O xoves, día 1 de decembro, na igrexa parroquial de San Jorge, na Coruña, tivo lugar a presentación do libro "Templos coruñeses. Historia, arte, culto". O autor, Carlos García Cortés , teólogo e historiador, conforme el mesmo confesou, ao dar constancia das orixes e razóns de cada unha das igrexas da Coruña, vai tecendo a "intrahistoria eclesial" da nosa cidade desde moito antes do século XIII, ano en que foi levantada a igrexa parroquial de Santiago, ata o presente. Neste mesmo ano 2011 foi inaugurada a igrexa parroquial dos Santos Anxos, en Elviña.


Na fotografía vemos, de esquerda á dereita, o autor, o Vigairo territorial, o arcebispo, o párroco de San Jorge, a D. Andrés e o editor do libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario