A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

15 dic 2011

Día 20, martes: CELEBRACIÓN DO PERDÓN (19,30 h.)

Como María, coma Xoán o Bautista, tamén nós preparamos unha hospedaxe para o Señor que vén no Nadal: o noso corazón. Será unha morada pobre pero limpa; austera pero confortable; pequena pero cálida e acolledora. Estamos convocados para que  Xesús encontre sitio na nosa pousada.
Coa penitencia compartida e celebrada en comuñón e fraternidade, expresamos a nosa debilidade persoal e agradecemos o perdón de Deus que nos chega por medio da Igrexa.
Trátase de prender as nosas lámpadas, como facemos coa coroa do advento, pero decatándonos do que iso significa: brillar coa luz do amor de Deus, coa candea da súa misericordia, para sermos testemuñas da súa luz. Que na nosa vecindade todos poidan ver, nos cristiáns,  a luz  que sinala o camiño cara a Cristo recén nacido.
A celebración do perdón vai seguida da Eucaristía habitual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario