Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
16 dic 2011
Sacerdote diocesano nomeado bispo de Ourense.
D. Leonardo Lemos Montanet era profesor do Instituto Teolóxico Compostelán, no que exerceu diversos cargos, actualmente tamén era Director Técnico do Seminario Menor de Santiago e coengo da catedral.
Omnia in caritate é o lema episcopal do novo bispo. Significa literalmente "todo con amor".Está inspirado no lema episcopal do tamén arcebispo compostelán cardeal Quiroga, de quen D. Leonardo é biógrafo.
¡Moitas felicidades, D. Leonardo! ¡Que o Señor o guíe na nova tarefa encomendada!
Pincha aquí : http://www.youtube.com/watch?v=LdaIfxnZT4w&feature=player_embedded
No hay comentarios:
Publicar un comentario