Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
30 jun 2012
23 jun 2012
MAGNATES SEN GRANDEZA (Andres G.V.)
22 jun 2012
O evanxeo da festa do San Xoán
Un neno que nace coma verdadeiro agasallo de Deus. No seu cántico agradecido o pai, Zacarías, profetiza: E ti, meu meniño, serás chamado profeta do Altísimo, porque irás por diante do Señor preparando os seus camiños...
San Xoán. Lc 1, 57-66.80
Festividade de San Xoán Bautista
Hoxe padecemos necesidade de profetas, soñadores, persoas ilusionantes.... SEguro que, como se di das meigas, habelos hainos, pero ¿por que soa tan apagada a súa voz? ¿Por que non se oen as súas palabras?
En que denuncias están comprometidos e por iso non sabemos deles? Que esperanzas nos están anunciando que nós non comprendemos? Cada cristián é de seu, polo bautismo, profeta. O Señor puxo no seu corazón e nos seus labios a súa Palabra, a boa nova da salvación, da plenitude humana e da humanidade... ¿Ulos profetas?
17 jun 2012
Colecta de Cáritas - Xuño
15 jun 2012
Evanxeo do Domingo XI do Tempo Ordinario (B)
O don de Deus crece e a súa graza aparece, non polo noso esforzo. Abonda coa confianza e a seguridade de quen sabe que trala noite amañece un novo día.Esa é a confianza de quen sementa. Na sementeira Deus conta connosco... O crecemento e mais a colleita son cousa del.
Dom XI TO B. Mc 4, 26-34
11 jun 2012
FIN DE CURSO DA CATEQUESE.




Acudimos a pé desde a igrexa parroquial á capela da Milagrosa. O río Anllóns acompañaba o noso camiñar e os scouts de San Francisco Xabier animaron cos seus cantos ese curto itinerario.
¡Cumpreanos feliz! |
A tarta era pequena, pero de chocolate! |

Saímos de contadiño para Cerceda.
Ao pouco os limparabrisas do autocar empezaron a alarmarnos: chovía. Era auga fina pero persistente. Por momentos un pequeno claro no ceo permitíanos esperar que despexase, pero a auga que caía foi crecendo en intensidade. Chegamos ao Aquapark. Baixo uns paraoles dúas ou tres familias amparábanse mentres daban conta do seu xantar. Os curas foron falar cos responsables e viñeron cunha solución alternativa: no polideportivo de A Silva tiñamos as portas abertas para estar baixo cuberto e alí estaban instalados os hinchables, para que os nenos tievesen a compensación de non poder disfrutar dos xogos de auga do Aquapark.
Panorama dos hinchables |
Ás dúas e media os monitores que nos acompañaron no polideportivo empezaron a preparar os hinchables e ao pouco unha morea de rapaces e rapazas andaban agaviando, rolando, esvarando e caendo en todas as posicións menos imaxinables.
Os maiores compartiron os xogos |
Hai que saltar conforme as normas... |
Os divertidos lances do salto da corda |
Que formaliños, despois de que acabaron a tarta |
O mago Martín entretivo e fixo rir |
Sen tropezos e felices, chegamos áo punto de partida cando xa pasaba das oito e media da tarde.
9 jun 2012
1 jun 2012
AS OFENSAS CONTRA OS SENTIMENTOS RELIXIOSOS
A icona da Trindade de Rublev -Cfr: Xénese 18: Un Deus que se hospeda en nós.
aunque es de noche.
que bien sé yo do tiene su manida,
aunque es de noche.
mas sé que todo origen de ella viene,
aunque es de noche.
y que cielos y tierra beben de ella,
aunque es de noche.
y que ninguno puede vadealla,
aunque es de noche.
y sé que toda luz de ella es venida,
aunque es de noche.
que infiernos, cielos riegan y las gentes,
aunque es de noche.
aunque es de noche.
sé que ninguna de ellas le precede,
aunque es de noche.
en este vivo pan por darnos vida,
aunque es de noche.
y de esta agua se hartan, aunque a oscuras
porque es de noche.
en este pan de vida yo la veo,
aunque es de noche.