Código penal español. Artículo 525
1. Incurrirán en la pena
de multa de ocho a doce meses los que, para ofender los sentimientos de los
miembros de una confesión religiosa, hagan públicamente, de palabra, por escrito o mediante cualquier
tipo de documento, escarnio de sus
dogmas, creencias, ritos o ceremonias, o vejen, también públicamente, a
quienes los profesan o practican.
2. En las mismas penas
incurrirán los que hagan públicamente escarnio, de palabra o por escrito, de
quienes no profesan religión o creencia alguna.
En 1977, dos aficionados al cine y devotos de
Buñuel, Javier Krahe y Enrique Seseña, realizan su aportación al séptimo arte:
un cortometraje en superocho titulado "Diez comentarios". Uno de los
episodios, "Sobre la Cristofagia", es un chiste en el que se propone
una receta de cocina ya que los católicos -según su propia doctrina- se comen
el cuerpo de Cristo crudo. El experimento no trasciende el ámbito doméstico.
O
parágrafo anterior, escrito por López Guereña, compañeiro e amigo de Javier
Krahe, recolle a descrición do feito que está na orixe da acusación de ofensa contra os sentimentos
relixiosos, neste caso católicos, polos que foi xulgado o día
28 de maio pasado o cantautor Javier Krahe, día en que escribimos este “til”. O
delicto tivo que ver coa difusión desa curtametraxe en Canal+ como fondo dunha
entrevista biográfica a Krahe.
De cando en cando, saltan á luz pública feitos
similares, como bandas deseñadas, pezas de teatro, películas, cancións, pinturas
e esculturas, co seu séquito de polémicas, declaracións e manifestacións colectivas
de adhesión ou de condena. Por un lado parece maltratada a liberdade de
expresión e a creatividade dos artistas. Por outro, os sentimentos relixiosos
dos ofendidos (o código inclúe as ofensas aos non crentes) esixen custodia e
reparación.
¡QUÉ LONXE ESTÁN ...!
Son
moitos os artistas e críticos que ponderan especialmente a obra que provoca o
lector, espectador, etc. Optan por crear pezas que rompan os esquemas, que
sorprendan e escandalicen.
En moitos deles esa actitude ou motivación
persoal vén precedida ou acompañada dun sentido da vida que non compaxina co
modelo burgués, occidental, convencional, aínda vivindo nel e a costa del. É
fácil atopar inspiración e conseguir notoriedade construíndo textos, cadros,
esculturas que parodian e fan burlan da familia, das relixións e doutras
institucións e símbolos. A súa norma é a contracorrente. En moitos casos,
resulta evidente o recurso fácil á grosería para gañar a complicidade dos
amigos. Cando se trata da Igrexa, ou do Islam ou do Xudaísmo, o que evidencian
estas “creacións” é o tremendo desafecto e distancia entre estes ámbitos
“culturais” e o ámbito da fe e da relixión.
HUMOR NECESARIO
Recentemente
“L’Observatore romano” sorprendía a
moitos ao facer un eloxio do catolicismo dos Simpson, coñecida serie
de debuxos animados. Esa loanza do xornal da Santa Sé indica así que
a crítica non é de seu mala. A todos, e especialmente a máis dun bispo, nos é
necesario gañar en sentido do humor. Aos crentes para saber rir coas nosas
incoherencias e aos artistas para superar a fácil grosería e facer relucir
entre as sombras a beleza, a verdade e mais o ben.
A.G.V.
No hay comentarios:
Publicar un comentario