Moita desa xente non sabe que a razón de localizar no "Parque" tantos entretementos nun determinado domingo está na conmemoración relixiosa da santa mártir Margarida. Os tempos mudan e cos tempos, os costumes. Nas romaxes acudíase á misa e despois viña o comer xuntos, divertirse e bailar.
Desde hai uns anos, semella que hai dúas festas diferentes, que se ignoran unha a outra: por un lado, a da Santa, na súa parroquia e cos seus devotos; e por outro, a da Comisión de Festas, no Parque, que conta tamén cos seus fregueses, ben dispostos ao consumo do polbo e do baile.
Despois da Misa das 12,30, arredor da unha e media do mediodía, saíu en procesión a imaxe de Santa Margarida. A procesión da nosa santiña polas rúas próximas á igrexa é moito máis ca unha expresión de relixiosidade popular ou folclórica.
En segundo lugar, acompañar a imaxe e pasear con ela entre os domicilios dos veciños, é expresión da fe compartida e vivida na comunidade eclesial, neste caso representada pola comunidade parroquial. Na procesión van os fieis, grandes e pequenos, xunto cos seus presbíteros. E van alegres, falando, mostrando con naturalidade, sen pretensións, a alegría e dignidade da fe que dá sentido ás súas vidas.
En terceiro lugar, coa imaxe da padroeira e coa propia presenza da comunidade eclesial polas rúas, estamos poñendo diante dos que nos enxergan un signo de santidade e de bendición: os que acompañamos a imaxe de Santa Margarida presentámonos coma os seus imitadores, os seus amigos. Ela intercede por nós e atrae a bendición de Deus, non soamente sobre os que a acompañamos, senón para todas as familias da parroquia, crentes ou non crentes.
En cuarto lugar, unhas rúas que coñecen ben os problemas e reivindicacións de tantas causas que afectan á vida das persoas e familias, coñecen tamén neste día a expresión pública e social da fe.
A fe sae corporativamente, eclesialmente, do recinto habitual onde se celebra e comparte, para expoñerse á luz pública, en concorrencia pacífica e positiva, coma unha reivindicación da dignidade e do dereito dos crentes a vivila con liberdade e propoñela, non impoñela, coma oferta de humanización verdadeira e salvación definitiva.
Ao recollerse a procesión, un grupiño de gaiteiros -todos eles fregueses e no seu día participantes da catequese parroquial e hoxe no labor parroquial de distintos modos-, animaron aos concorrentes a botar unhas pezas de baile.
A interpretación, selecta nos temas e perfecta na execución, era merecedora de máis ampla audiencia.
Se ben é certo que
os músicos se sentiron
pagados pola inmediata
resposta do público:
os pés dos presentes
non puideron resistirse
ao máxico engado
das gaitas e outros instrumentos.
As palabras de agradecemento e parabéns do párroco pecharon ese momento festivo e senlleiro dunha comunidade parroquial que abertamente mostra e comparte a alegría de crer en Cristo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario