A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

27 mar 2012

Cine en casa - Como é o noso Deus? Por que sentimos que nos abandona...?



Unha película que axuda a remoer no corazón as cuestións fundamentais da fe: a existencia de Deus, o sentido da vida, a experiencia do silencio ou abandono de Deus, a razón de ser da morte e do sufrimento... Película amable, boa de ver, co ritmo necesario... Posiblemente un engadiría cuestións de xustiza, de miseria, de maldade destrutiva... Pero unha película soamente é unha película, non tres. Disfrutádea e opinade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario