A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

12 abr 2012

Bendición da casa, do coche, das terras, das ferramentas, etc.


      Todos os cristiáns teñen capacidade de bendicir, non ao xeito dos diáconos e presbíteros, pero si coa dignidade de quen, polo bautismo, é, á imaxe de Cristo, sacerdote, profeta e rei.
     Velaquí un modelo de oración para que o pai ou nai de familia renove na pascua a bendición da vivenda, do coche, das terras, etc.

      Deus e Pai noso, que nos dás a vida para sempre e nos agasallas cos dons da creación.
      Míranos con bondade e bendí (esta vivenda, este vehículo, estes campos, estas ferramentas...) .
      Concede a quen van facer uso deles dar gloria ao teu nome, ser no mundo testemuñas do teu Fillo Xesús e guiarse polo teu Espírito, de modo que, ao invocarte, nos concedas cumprir a túa vontade e gozar da saúde do corpo e da protección da alma.
      Por Xesucristo noso Señor.
      Amén.
     (Bótanse unhas pingas de auga bendita sobre a cousa que se bendí)
     A Bendición de Deus todopoderoso, Pai, Fillo, e Espírito Santo descenda sobre nós e nos acompañe sempre. Amén.
      (Remátase rezando todos xuntos o Nosopai)

No hay comentarios:

Publicar un comentario