A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

14 abr 2012

O til (Pobo de Deus 662) - DESEXO DE ESPIRITUALIDADE


           
Hai moitos sinais no mundo de hoxe que favorecen e incluso reclaman chantar o nome de Deus nos escenarios da vida humana. A Guía de traballo do próximo Sínodo sobre a Nova Evanxelización así o explica: Os grandes encontros mundiais da xuventude, as peregrinacións cara aos lugares de devoción, antigos e novos, a primavera dos movementos e das asociacións eclesiais, constitúen o signo visible dun sentido relixioso que non se apagou. A "nova evanxelización" neste contexto esixe da Igrexa que saiba discernir os signos da acción do Espírito, orientando e educando as súas expresións cara unha fe adulta e consciente, ata alcanzar «a plena madureza de Cristo» (Ef 4, 13).
            Chantar o nome de Deus nos escenarios da vida humana quere dicir poñer, pronunciar, facer audible e visible a Deus na nosa sociedade. Esta tarefa lévanos a encontrarnos cos crentes non católicos e cos non cristiáns, pois son moitos os que, coma nós, tamén confían, oran e proclaman o nome de Deus.

          Católicos conscientes e coherentes
          O encontro cos crentes das outras relixións permítenos aos seguidores de Cristo entendernos a nós mesmos coma buscados e buscadores de Deus, a descubrir a orixinalidade e mais a singularidade da nosa fe e, tamén, a asumir coherentemente a nosa identidade de católicos ante tantas e tan diversas experiencias e correntes relixiosas.
          Novos modos de ser Igrexa
          No seu apartado 9 a Guía de traballo do Sínodo sorprende ao lector con este epígrafe:  Novos modos de ser Igrexa
As presenzas, testemuños, confesións de fe nas novas condicións  sociais dannos a entender que a "nova evanxelización" implica “a esixencia de encontrar novas expresións para ser Igrexa dentro dos contextos sociais e culturais actuais, en proceso de continua mutación”.
          Cales poden ser as “novas expresións para ser Igrexa ...”?
          A Guía responde coa necesidade dun novo modelo eclesial que evite o sectarismo, que promova unha igrexa misioneira, e que fortaleza o carácter de igrexa “doméstica e popular”. Aínda en situación de minorías, os cristiáns non debemos perder a capacidade de estar no medio da comunidade humana, a carón das persoas, da xente, e aí anunciar o evanxeo.
          O sectarismo é unha grave deformación da fe e do seu anuncio. Prodúcese cando a persoa crente asocia a fe co poder político, coa influenza social, co “pensamento único”, coa incomprensión, desconfianza e hostilidade fronte a todo o que non concorda coa ideoloxía propia.
           O sectarismo prodúcese por non purificar a fe na oración, na celebración eclesial, na experiencia do grupo, e polo medo ou reticencia fronte aos novos escenarios sociais e culturais. A persoa sectaria divide, crea receos e tensións, crispa, e fai estéril a vida comunitaria. Non informa, non comunica, non reúne; manipula, alborota, separa.  Son fáciles de recoñecer e pódense dar tanto entre os fieis coma entre os cregos e frades.
          A Igrexa “doméstica e popular” definiuna Xoán Paulo II cando requería que a Igrexa non pode renunciar a manter a súa presenza «entre as casas dos seus fillos e fillas». 

No hay comentarios:

Publicar un comentario