A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

18 ago 2011

Benvido, Bieito XVI

Sí, tamén desde aquí lle damos a benvida a S.S. Bieito XVI. Desde aquí, desde esta humilde comunidade parroquial de Santa Margarida, afeitos como estamos a abrirlles as portas a todos:  aos irmáns na fe por razóns de comunión e fraternidade; aos non crentes por razóns de humanidade e solidariedade pero, sobre todo, porque así nolo manda o Señor. ¿Como non recibir con alegría e abrirlle as portas do corazón e da casa ao Papa, sucesor de Pedro, bispo de Roma, a quen se lle confiou a unidade de todas as igrexas e ser signo do mesmo Cristo o Señor, Pastor e Mestre?

No hay comentarios:

Publicar un comentario