A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

24 ago 2011

REPRESENTACIONS DE SANTA MARGARIDA (2)


Esta é a Santa Margarida de Pietro Sorri.(San Gusmé 1556 - Siena 1621),  un pintor italiano activo durante a última época do manierismo.
Residiu en Xénova entre 1596 e 1598, onde foi mestre de Bernardo Strozzi e Giovanni Bernardo Carlone. Na devandita cidade tivo influencia sobre unha nova xeración de pintores genoveses, a quen introduciu nos principios do manierismo. Sorri foi un artista itinerante que traballou en diversos lugares de Italia, aínda que con posterioridade traballaría de novo en Liguria en1612-1613, como o proba o seu Martirio de Santa Lucía na igrexa de Campoligure.
Sorri serviu de exemplo para artistas sieneses máis novos, pois a súa pintura conxuga, sobre todo na súa primeira época, a súa formación sienesa coa influencia de artistas florentinos como Domenico Passignano, que foi o seu sogro, ou a da pintura emiliana de Correggio ou os Carracci.
En España áchanse presentes algunhas obras de Sorri, froito da doazón que Cosme II de Toscana realizou ao Mosteiro das Descalzas Reais de Valladolid dunha ampla colección de pintura toscana para decorar o novo claustro do convento en 1610. Entre elas este gran cadro que ten a Santa Margarida como tema. Nel contemplamos a santa, chea de luz e en expresión de arroubo, o dragón vencido  grazas ao crucifixo que Margarida sostén na man dereita e, en segundo plano, unha alusión á historia do seu martirio.

Outras obras de PIETRO SORRI
§  Morte de Santo Antón Abade (c. 1602), debuxo, Museo do Louvre
§  Santísima Trindade e  santos, (Sant'Agostino, Siena)
§  Virxe co Neno e  santos, (San Pietro a Vico, Lucca)
§  Cristo bendicindo, a Virxe, San Francisco e Santo Andrés (1605, San Francesco, Siena)
§  Cristo coroado de espiñas (1606, Monte dei Paschi di Siena, Siena)
§  San Xoán Evagelista (1610, Descalzas Reales, Valladolid)
§  Santa Margarida (1610, Descalzas Reales, Valladolid)
§  Martirio de Santa Lucía (1612-1613, Natività della Vergine, Campoligure)
§  Multiplicación dos pans e dos peixes (dibujo, Uffizi)
§  Frescos da cúpula da Certosa di Pavia, en colaboración con Alessandro Casolani

No hay comentarios:

Publicar un comentario