Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
24 ago 2011
REPRESENTACIONS DE SANTA MARGARIDA
Santa Margarita e o dragón
Autor: Tiziano
Data:1552 h.
Museo:Mosteiro de San Lorenzo del Escorial
Características:210 x 170 cm.
Material:Oleo sobre lenzo
Estilo:Renacemento Italiano
Santa Margarida será unha das santas máis veneradas na corte española e numerosas mulleres da familia real levan o seu nome. A santa proclamara o seu cristianismo e fixera voto de castidade, rexeitando a proposta de matrimonio realizada polo prefecto de Antioquía. Torturada e encarcerada, foi atacada por Satán baixo a aparencia dun dragón que desexaba devorala. Conseguiu escapar milagrosamente do monstro grazas ao crucifixo que levaba nas súas mans, pero foi posteriormente decapitada. Segundo Panofsky, Tiziano inspirouse nunha lenda apócrifa que mestura as historias de Santa Margarida de Antioquia e Santa Marta, a irmá de Lázaro, quen conseguiu vencer a un dragón no val do Ródano grazas á utilización de auga bendita e unha cruz. Até o século XIV as dúas historias confundíanse, outorgándose os feitos a Margarida, a máis famosa das santas. Tiziano preséntanos a santa no centro da composición, recibindo un potente foco de luz que resalta as tonalidades claras do seu vestido, contrastando co fondo escuro. Santa Margarida sitúase nunha paisaxe, conseguindo fuxir ante o dragón morto grazas ao pequeno crucifixo que porta na súa man esquerda. A figura da santa inspírase na estatuaria antiga, recorrendo a un acentuado escorzo que enlaza co estilo manierista. A pincelada é rápida e empastada, creando sensacións atmosféricas que serán moi apreciadas durante o Barroco. A luz e a cor convértense nos principais elementos do estilo de Tiziano. No contraste lumínico entre a claridade da santa e a escuridade do monstro quíxose ver unha alegoría do triunfo do ben ante o mal.A obra foi realizada para Felipe II, encargada tras a segunda estancia do pintor en Ausburgo. O delicado estado de conservación da tea fai difícil discernir a contribución de axudantes na súa elaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario