Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
30 ago 2011
A FESTA DE SANTA MARGARIDA, CONCORRIDA, ANIMADA, GOZOSA
Aínda que, por razóns e causas xustificadas, non puidemos contar cos gaiteiros "nosos", un cuarteto amigo acompañou a procesión e animou as danzas tradicionais no adro.
Tamén é de aprezar a boa disposición de algunhas freguesas para portar a santa no seu percorrido procesional. Aquí vemos as que fixeron a parte final.
Os nenos e nenas, os que axudaron no altar como acólitos e os que asumiron a honra do "Ramo" tamén aportaron a súa nota de convencemento, alegría e inxenuidade.
E o baile, animoso, participado, expresa ben a alegría e o sentido familiar e fraterno que vai adquirindo a comunidade parroquial e que se vai contaxiando pouco a pouco aos conveciños e visitantes.
Vivimos unha gran xornada, en honor e tamén grazas a Santa Margarida, a nosa padroeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario